Década de -340
Primeiro milenio a. C. | |||||
Século -IV | |||||
| |||||
|
349 a.C.
- Artigo principal: -349.
- Comezan as guerras samnitas entre Roma e os samnitas no centro de Italia (até 290 a.C.).
348 a.C.
- Artigo principal: -348.
- Guerra de Olinto.
- Anexión da Calcídica por Filipo II de Macedonia. Desaparición da confederación calcídica.
- En Atenas, proceso de Midias.
347 a.C.
- Artigo principal: -347.
346 a.C.
- Artigo principal: -346.
- Paz de Filócrates - A polis de Atenas e o reino de Macedonia asinan a paz.
345 a.C.
- Artigo principal: -345.
- Rebelión das cidades de Fenicia contra o dominio do xa persa Artaxerxes III.
344 a.C.
- Artigo principal: -344.
343 a.C.
- Artigo principal: -343.
- Filipo II de Macedonia invade a Tracia.
342 a.C.
- Artigo principal: -342.
Arte e cultura
- O filósofo Aristóteles é encargado da educación de Alexandre o Grande, príncipe de Macedonia.
341 a.C.
- Artigo principal: -341.
- O exército persa culmina o dominio de Exipto ao conquistar o Alto Exipto, onde aínda resistía o faraón Nectanebo II, que perde así todo poder.
340 a.C.
- Artigo principal: -340.
Asia Menor
- Rodas réndese ao persas.
Mundo mediterráneo
- Filipo II de Macedonia pon sitio a Bizancio, ameazando a ruta para o mar Negro, cuxas beiras fornecen boa parte do cereal que consomen as polis helenas.
- Fundación da Liga Helénica para facer fronte ás ameazas de Filipo II de Macedonia.
- Comeza a Guerra Latina (até -338) entre Roma e os seus aliados contra as tribos do Lacio.
- Batalla de Sinuesa: derrota dos latinos.
Ciencia e tecnoloxía
- Kin-Din-Nu, coñecido polos gregos como Cidenas, descobre a precesión dos equinoccios (data probábel).
- Aristóteles, filósofo grego de orixe tracia, proba a redondez da Terra, pola súa sombra durante as eclipses. Neste mesmo ano abandona o seu papel de pedagogo do príncipe macedonio Alexandre o Grande.