Cynghanedd
Na poesía galesa a Cynghanedd (en AFI kəŋˈhaneð, literalmente "harmonía") é o concepto básico de articulación dos sons dentro dun verso, empregando o acento, a aliteración e a rima. As formas distintas da cynghanedd preséntanse nas definicións de todas as formas poéticas formais galesas, como a awdl e a cerdd dafod. Malia ser de orixe antiga, a cynghanedd e as súas variacións aínda están en uso en moitos poetas galeses actuais.
Formas da cynghanedd
editarO primeiro exemplo provén do poema Cywydd y Cedor, da poetisa do século XV Gwerful Mechain. As cesuras márcanse con barras ("/") e as partes que riman en letra grosa. Nótese que Dd, Ll e Ch son consoantes simples no alfabeto galés.
Cynghanedd groes ("harmonía en cruz")
editarTodas as consoantes que rodean a vogal tónica principal antes da cesura debe repetirse despois na mesma orde. Porén, as consoantes finais das palabras finais de cada hemistiquio debe ser diferente, igual que a vogal tónica principal de cada metade. Por exemplo:
clawdd i ddal / cal ddwy ddwylaw CL Dd Dd L / C L Dd Dd L
Aquí vemos o esquema {cl dd dd [acento] l} presente aos dous lados da cesura. As vogais tónicas son <a> (unha vogal breve) e <wy> (o ditongo /uj/). Na cynghanedd groes non hai consoantes no segundo hemistiquio que non fagan parte da repetición consonántica. As vogais que non sexan as tónicas poden ser de calquera tipo.
Cynghanedd draws ("harmonía en cruz" parcial)
editarExactamente como na cynghanedd groes, excepto que hai consoantes ao principio do segundo hemistiquio que non están presentes na serie das consoantes repetidas:
Rhowch wedd wen / dan orchudd iâ (R. Williams Parry) [Pon unha branca cara baixo un veo de xeo] rh......ch......dd......../.(dn)..r.ch..dd
Aquí a secuencia consonántica {rh ch dd [acento]} repítese con vogais tónicas diferentes (<e> breve e <â> longo). Cumpre notar que o <n> do final do primeiro hemistiquio non xoga papel ningún na cynghanedd: a palabra final, iâ porén remata en vogal; se esta palabra tamén rematase en <n>, tamén habería rima xenérica entre as dúas palabras, cousa que non está permitida na cynghanedd.
Notar que o {d n} do segundo hemistiquio tampouco non é parte da cynghanedd: esta é a diferenza entre a cynghanedd groes e a cynghanedd draws. Nesta parte do verso pode haber o número de consoantes soltas que se queira, con tal que a secuencia inicial de consoantes e acento se repita; comparar unha posibilidade extrema, onde só se repite unha sílaba:
Pla / ar holl ferched y plwyf! (Dafydd ap Gwilym) [Unha praga sobre todas as mozas da parroquia!] pl./..(r......ll.f..r.ch..d)....pl[1]
Cynghanedd sain ("harmonía sonora")
editarA cynghanedd sain caracterízase pola rima interna. Se o verso está dividido en tres seccións polas súas dúas cesuras, as partes primeira e segunda riman e a terceira sección repite o esquema consonántico da segunda. Por exemplo:
pant yw hwy / na llwy / na llaw / N Ll / N Ll
Cynghanedd lusg ("harmonía de arrastre")
editarA sílaba final antes da cesura no primeiro hemistiquio fai rima completa coa penúltima sílaba da palabra polisílaba do final do verso (i.e. a sílaba tónica principal do segundo hemistiquio). Por exemplo:
duw er ei radd / a'i addef,
Notas
editar- ↑ <h> conta como unha vogal
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Hopwood, Mererid (2004), Singing in Chains: Listening to Welsh Verse. Llandysul: Gomer. ISBN 1-84323-402-5.
- Llwyd, Alan (2007), Anghenion y Gynghanedd. Barddas. ISBN 978-1-900437-98-1
- Turco, Lewis (1986), The New Book of Forms: A Handbook of Poetics. University Press of New England: Londres. ISBN 0-87451-380-4.