Curuxa das xunqueiras

ave rapaz
Curuxa das xunqueiras

En Piraju, São Paulo, Brasil
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Strigiformes
Familia: Strigidae
Subfamilia: Asioninae[2]
Xénero: Asio
Especie: A. flammeus
Nome binomial
'Asio flammeus'
(Pontoppidan, 1763)
Sinonimia

Asio accipitrinus

A curuxa das xunqueiras (Asio flammeus) é unha ave rapaz da familia das estrixiformes (Strigidae)

Aspecto

editar

A curuxa das xunqueiras e aproximadamente do tamaño do bufo pequeno: a lonxitude do seu corpo é de 35 a 40 cm. A característica que os diferenza máis claramente é o tamaño dos penachos de plumas situados na cabeza, as cales recordan unhas orellas. No caso da curuxa das xunqueiras, estas plumas son moita máis curtas que as do bufo pequeno, e non son visibles máis que cando a ave está excitada. Coma no caso dos outros bufos, estas plumas non teñen ningunha función relacionada co oído, senón funcións fanéricas. Os ollos da curuxa das xunqueiras son amarelos co iris. A plumaxe desta especie é castaña escura manchada na parte superior, a parte inferior é de fondo máis pálido e con faixas escuras. As femias son en xeral de cores máis escuras cós machos. A envergadura das ás da curuxa das xunqueiras é duns 105 cm. Os machos pesan uns 350 gramos, as femias uns 450.

 
Distribución xeográfica da curuxa das xungueiras

Distribución xeográfica

editar

É unha ave de zonas húmidas. O seu hábitat espállase en Europa dende Rusia e Escandinavia á Gran Bretaña e Islandia e ata a zona mediterránea. En Europa central é rara, aínda que aparece con certa frecuencia nos Países Baixos. Vive tamén en case toda a parte asiática de Rusia. En América aparece no Canadá, no norte dos Estados Unidos, na zona dos Andes e na parte sur de Suramérica, nas illas dos Galápagos. Vive tamén en Hawai. A curuxa das xunqueiras é un migrador parcial. Os exemplares que viven máis ó norte móvense cara ó sur en inverno.

Etoloxía

editar

Reprodución

editar
 
Asio flammeus flammeus.

A curuxa das xunqueiras fai o niño no cha en zonas abertas (prados, tundra, sabana) agachados entre a herba, ás veces, delimitados por unha pequena cantidade de herbas ou plumas. Habitualmente poñen entre 4 e 8 ovos, pero en anos de comida abundante as niñadas poden chegar os doce polos. Fan unha posta ó ano é os ovos son incubados de 21 a 37 días, case exclusivamente pola femia. Coma algunhas outras aves, utiliza a técnica de facerse pasar por ferida para afastar do niño ós predadores.

Maduran sexualmente cando teñen un ano. A estación reprodutora no hemisferio norte vai de marzo a xuño, sendo abril o mes de máis actividade. Durante esta época poden formar bandos. Os machos fan exhibicións de voo para atraer ás femias. Son, en xeral, monógamas.

Alimentación e presas

editar

Cazan en xeral pola noite, pero están tamén activas polo día e entre lusco e fusco. Decotío voan a poucos centímetros do chan en campo aberto ata que atopan unha presa, sobre a que se lanzan coas poutas por diante. Comen roedores pequenos, basicamente ratos, e algúns insectos grandes e, en ocasións, paxaros pequenos. O seu voo recorda o das bolboretas nocturnas pola maneira irregular de bate-las ás.

Reclamos sonoros

editar

Silenciosos na época invernal, durante outras épocas emiten diferentes sons que, na época reprodutora, son máis perceptibles.

  1. BirdLife International (2012). "Asio flammeus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013. 
  2. "Asio flammeus". ITIS Report. Integrated Taxonomic Information System. Consultado o 16 de febreiro de 2009. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar