Cunchas (instrumento musical)

As cunchas, xeralmente de vieira, son utensilios empregados na música tradicional galega para o acompañamento do canto ou doutros instrumentos. Pertencen á categoría dos idiófonos refregados.[1]

Cunchas
Información
ClasificaciónIdiófono refregado

Características editar

O pandeiro e mailas cunchas

María, miña María.

O pandeiro e mailas cunchas

quitan a melancolía.

—Cantiga popular

O uso das cunchas de vieira como instrumento musical aparece amplamente documentado por toda a xeografía galega, mesmo en lugares moi afastados das costas. Sendo moi frecuente o seu uso para acompañar o canto ou ao carón de instrumentos como pandeiretas, latas, pandeiros ou gaitas. etc.[2]

O tamaño das cunchas ten unha influencia determinante no son, as máis grandes producen un son máis grave en tanto que as pequenas teñen unha sonoridade máis aguda. Poden acadarse variacións no timbre tocando cara ao centro ou cara ao bordo da cuncha.[3]

Técnica editar

Para tocar as cunchas unha delas sostense na man esquerda coa parte cóncava cara a man e a parte estriada cara a fora. A man dereita sostén a outra cuncha, tamén coas estrías cara a fóra, coa parte dentada sempre na dirección dos dedos. A cuncha da man dereita é a que leva o ritmo, refregando e percutindo sobre a da esquerda, permitindo producir doadamente os ritmos básicos propios da cultura galega.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Quintas Suarez, Moises (2011). "Raspados". Guía didáctica de instrumentos galegos. Consultado o 2021-07-14. 
  2. "Os Instrumentos Musicais na Tradición Galega » Cunchas". Consultado o 2021-07-15. 
  3. "Raspados". instrumentosgalegos.gal. Consultado o 2021-07-15. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar