Cuarta onda do feminismo

A expresión cuarta onda do feminismo refírese ao renacemento do interese polo feminismo que empezou ao redor 2012 e está asociado ao uso de medios de comunicación sociais.[1] Trala existencia dunha terceira onda do feminismo, segundo a académica feminista Prudence Chamberlain os obxectivos da cuarta onda concéntranse en obter xustiza para as mulleres e a oposición ó acoso sexual e á violencia contra as mulleres. A súa esencia, escribe, está na "incredulidade de que certas actitudes aínda poden existir".[2]

Día Internacional da Muller, Londres, 2017.

A cuarta onda do feminismo está "definida pola tecnoloxía", segundo Kira Cochrane, e está caracterizada particularmente polo uso de Facebook, Twitter, Instagram, YouTube, Tumblr, e blogs, como por exemplo Feministing, para desafiar a misoxinia e tamén a igualdade de xénero.[1][1][3][4]

Os problemas nos que se centra a cuarta onda do feminismo inclúen o acoso na rúa e no lugar de traballo, agresións sexuais nos campus e a cultura da violación. Os escándalos que implican o acoso, abuso, e o asasinato de mulleres e mozas galvanizou o movemento. Estes incluíron a cuadrilla de violación de Delhi de 2012, as acusacións contra Jimmy Savile de 2012, as acusacións contra Bill Cosby, os asasinatos de Illa Vista de 2014,[5] o xuízo de Jian Ghomeshi de 2016, as acusacións contra Harvey Weinstein de 2017 e o subseguinte efecto Weinstein, e os escándalos sexuais de Westminster de 2017.[6]

Exemplos de campañas da cuarta onda do feminismo son, por exemplo, Everyday Sexism Project, Ni una menos, No More Page 3, Stop Bild Sexism, Mattress Performance, 10 Hours of Walking in NYC as a Woman, #YesAllWomen, a campaña Free the Nipple, One Billion Rising, a marcha das mulleres de 2017, a marcha das mulleres de 2018, e o movemento #MeToo. En decembro de 2017, a revista Time escolleu varias activistas femininas prominentes implicadas no movemento #MeToo, chamadas as "rompedoras do silencio", como Persoas do ano.[7][8]

Historia editar

A xornalista Pythia Peay defendeu a existencia dunha cuarta onda xa en 2005, que enfocaba a xustiza social e os dereitos civís,[9] e en 2011 a activista da terceira onda Jennifer Baumgardner definiu o ano de 2008 como o inicio da cuarta onda. Twitter, a rede social máis popular entre as persoas con idades entre 18 e 29 anos, foi creada en 2006,[10] tornando o feminismo máis accesíbel e dando inicio ó chamado “feminismo hashtag”.[11] En 2013 Kate Cochrane[Cómpre clarificar] afirmou que moitas dos liderados[Cómpre clarificar] da cuarta onda eran adolescentes ou tiñan 20 e poucos anos.[1]

Por volta do ano 2013 xa semellaba obvio que unha nova onda de protestas feministas estaba acontecendo. Cando a senadora americana polo estado do Texas, Wendy Davis, obstruíu os traballos lexislativos por 13 horas para impedir a aprobación dun proxecto de lei antiaborto, diversas mulleres demostraron o seu apoio reuníndose arredor do Capitolio estatal de Texas, e aquelas que non puideron estar fisicamente presentes usaron o cancelo #StandWithWendy. De xeito semellante, as mulleres protestaron contra as preguntas sexistas dirixidas ás mulleres do medio artístico a través da hashtag #askhermore.[12]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Cochrane, Kira (10 de decembro de 2013). "The Fourth Wave of Feminism: Meet the Rebel Women". The Guardian. 
  2. Chamberlain, Prudence (2017). The Feminist Fourth Wave: Affective Temporality. Cham: Springer. p. 115. ISBN 978-3-319-53682-8. 
  3. Solomon, Deborah (13 de novembro de 2009). "The Blogger and Author on the Life of Women Online". The New York Times. Consultado o 16 de marzo de 2016. 
  4. Zerbisias, Antonia (16 de setembro de 2015). "Feminism's Fourth Wave is the Shitlist". NOW Toronto. Consultado o 21 de abril de 2016. 
  5. Bennett, Jessica (10 de setembro de 2014). "Behold the Power of #Hashtag Feminism". Time. 
  6. Para Cosby, Ghomeshi, #MeToo, e a cuarta onda, consultar Matheson, Kelsey (17 de outubro de 2017). "You Said #MeToo. Now What Are We Going To Do About It?", The Huffington Post.
    Para Savile e a cuarta onda, consultar Chamberlain 2017, pp. 114–115
    Para a páxina tres[Cómpre clarificar], Thorpe, Vanessa (27 de xullo de 2013). "What now for Britain's new-wave feminists – after page 3 and £10 notes?", The Guardian.
  7. Zacharek, Stephanie; Dockterman Eliana; e Sweetland Edwards, Haley (6 de decembro de 2017). "The Silence Breakers", revista Time.
  8. Redden, Molly, e axencias (6 de decembro de 2017). "#MeToo movement named Time magazine’s Person of the Year", The Guardian.
  9. Peay, Pythia (2005). Ogden Publications, ed. "Feminism's Fourth Wave". Utne Reader (Topeka, Kansas) (128): 59–60. Consultado o 25 de febreiro de 2018. 
  10. Brodzky, Brandon (18 de novembro de 2014). "Social Media User Statistics & Age Demographics for 2014". LinkedIn Pulse. Consultado o 16 de marzo de 2016. 
  11. Bennett 2014.
  12. Chittal, Nisha (26 de marzo de 2015). "How Social Media is Changing the Feminist Movement". MSNBC.