O acoso na rúa é unha práctica que inclúe episodios de microviolencia como miradas intimidatorias ou piropos e pode desembocar en fotografías non consentidas, persecucións ou agresións sexuais.[1]

Definición editar

A organización Stop Street Harassment defíneo como a violencia na rúa baseada en xénero que consiste en comentarios non desexados, acenos e accións impostas por un estraño nun lugar público sen consentimento e dirixidas cara a vítima debido ao seu sexo real ou percibido, xénero, expresión de xénero ou orientación sexual.[2]

En Galicia editar

En 2018 nos concellos de Vigo e da Coruña os autobuses urbanos nocturnos estabeleceron unha parada antiacoso.[3]

Tamén en 2018 Jessyca Ocampo elaborou o Mapa do Medo para visibilizar o acoso na rúa,[4] collendo como referencia unha campaña brasileira.

Notas editar

  1. Salas Oraá, María (11 de abril de 2018). "Machismo a la vuelta de cada esquina". El País (en español). Consultado o 9 de xullo de 2018. 
  2. Stop Street Harassment (ed.). "¿Qué es el acoso callejero?" (PDF). Consultado o 9 de xullo de 2018. 
  3. "A Coruña únese ás cidades nas que o bus urbano inclúe a 'parada antiacoso'". Praza Pública. 3 de xullo de 2018. Consultado o 9 de xullo de 2018. 
  4. Quian, Alberto (26 de xaneiro de 2018). "O Mapa do Medo: violencia machista en Galicia". Galicia Confidencial. Consultado o 9 de xullo de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar