Cuarcita armoricana
A cuarcita armoricana (denominada tamén como cuarcita ordovícica) é unha formación xeolóxica composta por cuarcitas e cuarzoarenitas con cemento silícico, que se formou no ordovícico inferior.
É unha formación rochosa moi típica dos macizos, como no macizo Ibérico (nas zonas Asturoccidental-Leonesa, Cantábrica, Centroibérica e Ossa-Morena) e no macizo Armoricano, que é o que lle dá o nome, xa que este procede das descricións realizadas neste macizo situado na antiga Armórica, rexión xeolóxica da Bretaña.
Aparicións na Península Ibérica
editarExisten exemplos na Península Ibérica,[1] como no Parque Nacional de Monfragüe ou na Serra Morena, así como no cabo de Peñas, os montes de Toledo e na serra da Culebra (provincia de Zamora). En Galicia atópase, por exemplo, na serra do Courel.
Notas
editar- ↑ García-Cortés, Jaime Palacio Suárez-Valgrande, Carlos I. Salvador González, José A. Águeda Villar, (2008): Contextos geológicos españoles, páx. 21.