Cravos vermellos
Cravos vermellos (titulado orixinalmente en inglés Red Nails) é un relato escrito polo autor estadounidense Robert E. Howard para o seu personaxe de espada e bruxaría Conan o bárbaro. Foi o primeiro relato de Conan en ser publicado postumamente (a revista pulp Weird Tales publicouno en outubro de 1936 despois de que Howard se suicidara en xuño) e tamén foi o primeiro, e o único, no que aparece a personaxe feminina de Valeria, que máis tarde, en 1982, sería utilizada no filme Conan o bárbaro, con Arnold Schwarzenegger no papel de Conan e Sandahl Bergman no papel de Valeria, aínda que a historia narrada no filme non coincidise coa historia narrada en Cravos vermellos.
Cravos vermellos | |
---|---|
Portada en Weird Tales. | |
Título orixinal | Red Nails |
Autor/a | Robert E. Howard |
Ilustrador/a | George Barr |
Cuberta | George Barr |
Orixe | Estados Unidos |
Lingua | Inglés |
Colección | Conan o bárbaro |
Xénero(s) | Conto |
Editorial | Donald M. Grant, Publisher Urco Editora |
Data de pub. | 1936 2016 |
Formato | Tapas duras e brandas |
ISBN | ISBN 978-84-15699-20-0 |
Tradución | Tomás González Ahola |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foi traducido ó galego por Tomás González Ahola e foi publicado dentro da colección "Conan IV" de Urco Editora no ano 2016.[1]
Sinopse
editarLogo de evitar a violación por un membro da tripulación de Zarallo, capitán pirata con quen se aliara, Valeria, a pirata da Irmandade Vermella, emprende unha fuxida desesperada polas selvas do sur do mundo hiborio. Durante a súa fuxida atópase con Conan o bárbaro, que naquel momento tamén era parte da banda de Zarallo. Conan seguiulle o rastro non só para protexela dos seus perseguidores senón tamén para tentar seducila, pois tamén el se sente atraído pola súa beleza. Ambos xa se coñecen e aínda que Valeria desconfía de Conan, a aparición dun dragón colosal obrígalles a correr a través dunha mesta selva. Acaban por conseguir refuxio no alto dun risco elevado e escarpado, fóra do alcance da besta, e dende alí divisan unha cidade, rodeada pola xungla, unha cidade cuxa existencia descoñecían. Tras conseguir vencer ó dragón, descenden do risco e dispóñense a explorar a cidade que acaban de descubrir. Unha vez alí o primeiro que constatan é que está medio en ruínas e abandonada, pero axiñan descobren tamén que as aparencias enganan e que en realidade non están sós no interior deses muros.
Notas
editar- ↑ Urco Editora (ed.). "Conan IV en Urco Editora". Consultado o 9 de outubro de 2018.
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Cravos vermellos, na súa lingua orixinal |