Sandahl Bergman
Sandahl Bergman, nada en Kansas City, Missouri o 14 de novembro de 1951, é unha bailarina, actriz e especialista de acción estadounidense.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de novembro de 1951 ![]() Kansas City, Estados Unidos de América ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América ![]() |
Educación | Shawnee Mission East High School (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | bailarina , actriz de televisión , actriz de cinema , actriz de teatro , especialista de cinema ![]() |
Período de actividade | 1970 ![]() |
Premios | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarDanza
editarLogo de pasar a nenez e a mocidade en Kansas, nos anos 70 mudouse a Nova York e comezou a bailar nalgúns musicais de Broadway. Bob Fosse contratouna como bailarina reserva do musical Pippin, dirixido por el mesmo. Tivo algúns papeis noutros musicais, até parte do cuerpo de actores/bailaríns de A Chorus Line, que era daquela o gran fenómeno de crítica e do público de Broadway. Interpretou a "Judy" despois de que varios dos actores e bailaríns orixinais deixaran o show en 1977.
Foi novamente promovida por Fosse no aclamado musical Dancin, de 1978, que contou con varios dos principais bailaríns de Broadway da época.
Cinema
editarA súa estrea nas pantallas aconteceu cun pequeno papel nun filme para televisión. Despois del, participou no filme musical All That Jazz, tamén dirixido por Fosse, éxito de público e crítica e vencedor da Palma de Ouro do Festival de Cannes. Tamén participou no filme Xanadu, de 1980, con Olivia Newton-John.
Sandhal fíxose coñecida internacionalmente en 1982, ó protagonizar, a carón de Arnold Schwarzenegger o filme Conan o bárbaro, papel polo que acabó recibindo o Globo de Ouro de Actriz Revelación. Como non había ningunha dobre dispoñible coas súas características físicas, aprendeu a facer as escenas de risco que precisaban dun dobre. Tres anos despois, volveu participar noutro filme baseado nunha obra de Robert E. Howard, Red Sonja, na que interpretou a malvada Gedren.
Despois destes filmes, Sandhal actuou en pequenos papeis en diversos filmes e series de televisión. Casou por primeira vez ós 45 anos, en 1996. O seu derradeiro filme, foi O detective cantante, xunto a Adrien Brody e a Mel Gibson.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Sandahl Bergman na IMDb (en inglés).