Conan o bárbaro (tamén chamado Conan o Cimmerio ou Conan de Cimmeria) é un personaxe de ficción creado en 1932 polo escritor Robert E. Howard para unha serie de relatos destinados á revista de relatos pulp Weird Tales. Conan é un personaxe arquetípico, o máis famoso representante no seu xénero, a así chamada espada e bruxaría, e un clásico da fantasía estadounidense do século XX.

Conan o bárbaro
Personaxe de Relatos e novelas de Conan

Cadro dun vídeo que amosa como ilustrar a Conan en 90 segundos, por Atula Siriwardane.
Creador(es) Robert E. Howard
Información
Nome orixinal Conan de Cimmeria
Alcume Amra
Raza bárbaro
Sexo Masculino
Título Rei de Aquilonia
Cónxuxe Zenobia
Fillos Conn
Taurus
Radegund
Perfil en IMDb

Os seus relatos adoitan ser clasificados dentro da fantasía heroica ou a espada e bruxaría.[1] Dende a súa creación apareceu en libros, banda deseñada, filmes, programas de televisión, videoxogos ou xogos de rol, así como tamén noutros medios. Viviu na ficticia Era Hiboria, unha época fantástica comprendida entre os anos do afundimento de Atlantis —unha illa que Howard ideou baseándose no mito da Atlántida— e os das migracións dos arios.

A editorial compostelá Urco publicou a Biblioteca Conan, composta por 4 volumes coas aventuras do guerreiro. Os textos foron traducidos do inglés ao galego por Tomás González Ahola.[2]

  1. Manuel Barrero. "LOS CÓMICS PRECURSORES DE CONAN". tebeosfera.com. Consultado o 18 de marzo de 2010. 
  2. Biblioteca Conan na páxina web de Urco editora.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar