Cosmografía de Ravenna
Suxeriuse que este artigo ou apartado sexa fusionado con "Anónimo de Rávena" (conversa). Para realizar a fusión das páxinas segue estes pasos. |
A Cosmografía de Ravenna é unha obra medieval compilada por un clérigo anónimo que viviu en Rávena, Italia, ao redor do ano 700. Consiste nunha lista de topónimos que abarcan todo o mundo, desde a India até Irlanda. A evidencia textual indica que o autor utilizaba frecuentemente os mapas como fonte. É a principal listaxe xeográfica deste tipo para os itinerarios terrestres do período bizantino, comparábel en importancia ao que representa o mapa da táboa de Peutinger para a época romana.[1]
Cosmografía de Ravenna | |
---|---|
Autor/a | Anónimo de Rávena |
Lingua | lingua latina |
Xénero(s) | itinerarium |
Data de pub. | 1688 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Os textos que sobreviven, tres copias manuscritas, feitas tres ou catro xeracións despois do manuscrito orixinal, ofrecen varios retos. As copias están repletas de erros ortográficos, divisións de palabras e omisións; As variacións entre os textos non se limitan só aos topónimos, senón que tamén son significativas nos comentarios.
A edición crítica mais recente dos tres manuscritos foi a de Joseph Schnetz, Itineraria Romana, vol. II: Ravennatis Anonymi Cosmographia et Guidonis Geographica, 1942 (republicada en 1990), B G Teubner, Stuttgart.
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editarSitios que cobren a sección británica
editar- Cosmografía de Rávena . (en inglés)
- O mapa romano de Gran Bretaña A sección británica da Cosmografía de Rávena e as súas fontes.
Sitios que abranguen a sección ibérica
editar- Ravennatis Anonymi Cosmographia. (en latín)
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |