Cornelio, papa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Cornelio, nado en Roma e finado en Civitavecchia en xuño de 253, foi o Papa nº 21 da igrexa católica, entre os anos 251 e 253.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 180 Roma, Italia |
Morte | xuño de 253 (72/73 anos) Civitavecchia, Italia (pt) |
Causa da morte | decapitación |
21º Papa | |
marzo de 251 (Gregoriano) – xullo de 253 ← Fabiano – Lucio I → | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma |
Ocupación | sacerdote católico, autor |
Período de tempo | Alto Imperio Romano |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 16 de setembro |
Descrito pola fonte | De viris illustribus Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Logo do martirio do seu predecesor Fabián, cobrou forza a persecución do emperador Decio, o que provocou unha espera de dezaoito meses ata que, falecido este, fose elixido Cornelio como novo pontífice.
As persecucións de Decio provocaran entre os cristiáns un elevado número de apostasías ao renunciar á súa fe. Estes cristiáns apóstatas foron coñecidos como lapsi (do latín "caidos") e provocaron un novo cisma durante o pontificado de Cornelio.
En efecto, mentres o papa Cornelio, apoiado polo bispo de Cartago San Cibrán, era partidario da readmisión no seo da Igrexa dos apóstatas, o presbítero romano Novaciano que foi o primeiro teólogo en escribir os seus tratados en latín, era totalmente oposto a dito perdón, xa que opinaba que a Igrexa debía estar composta por santos, e polo tanto aqueles que pecaran mortalmente debían ser excluídos.
O enfrontamento das dúas posturas provocou que Novaciano se fixese nomear por tres bispos como papa e fundase a Igrexa dos puros (katharoi), que perdurou ata o século VII. Isto provocou a convocatoria dun sínodo en outono de 251, onde se condenou e excomungou a Novaciano.
En 252 retomáronse as persecucións contra os cristiáns, e Cornelio foi desterrado a Civitavecchia polo emperador Treboniano Galo, ao parecer baixo a acusación de ofender aos deuses romanos e provocar así unha epidemia en Roma. Así, o Papa foi posteriormente encarcerado, falecendo tras sufrir martirio en xuño de 253.
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |