Copa do Rei de Rugby 2009-2010
Na tempada 2009-2010 disputouse a 77ª edición da Copa do Rei de rugby, o torneo nacional máis antigo do rugby español. Organizado pola F.E.R., acadaron o dereito a competir no torneo os oito equipos que ocuparon os primeiros postos na táboa da División de Honra unha vez rematada a primeira volta da liga.
Tipo | tempada deportiva ![]() |
---|---|
Deporte | rugby ![]() |
Localización e Datas | |
País | España ![]() |
Período de tempo | tempada 2009-2010 ![]() |
Data | 2010 ![]() |
Na final, xogada no Estadio de La Albuera de Segovia o 16 de maio de 2010, o VRAC Quesos Entrepinares de Valladolid acadou o seu segundo título copeiro derrotando por 33 a 17 ó CR La Vila de La Vila Joiosa, equipo que disputaba a primeira final da súa historia.
Formato
editarO formato da competición contou con tres roldas eliminatorias:
- Cuartos de final: Encontro único. Emparellamentos por sorteo puro entre os oito mellores equipos da liga na primeira volta.
- Semifinais: Encontro único. Emparellamentos por sorteo puro.
- Final: Encontro único nun campo elixido pola Federación Española de Rugby antes do comezo do torneo.
Participantes
editarOs oito equipos participantes saíron do campionato nacional de liga na súa División de Honra. Acadaron o dereito a participar na Copa do Rei os oito primeiros equipos da táboa ó remate da primeira volta.
Así quedou a táboa da liga trala primeira volta (os oito equipos clasificados para disputar a Copa do Rei están marcados en cor azul):[1]
Posto | Equipo | Puntos | PX | PG | PE | PP | P+ | P- | Bonus |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1º. | El Salvador | 36 | 9 | 8 | 0 | 1 | 231 | 133 | 4 |
2º. | La Vila | 29 | 9 | 6 | 0 | 3 | 291 | 162 | 5 |
3º. | CRC | 26 | 9 | 5 | 0 | 4 | 229 | 182 | 6 |
4º. | Gernika | 25 | 9 | 5 | 0 | 4 | 240 | 210 | 5 |
5º. | VRAC | 24 | 9 | 5 | 0 | 4 | 213 | 187 | 4 |
6º. | Ciencias | 21 | 9 | 4 | 0 | 5 | 183 | 176 | 5 |
7º. | Ordizia | 20 | 9 | 5 | 0 | 4 | 160 | 201 | 0 |
8º. | Santboiana | 20 | 9 | 4 | 0 | 5 | 142 | 217 | 4 |
9º. | Bera Bera | 9 | 9 | 2 | 0 | 7 | 170 | 198 | 1 |
10º. | Les Abelles | 7 | 9 | 1 | 0 | 8 | 111 | 304 | 3 |
Torneo
editar- Cuartos de final (28/29 de novembro de 2009) [2]
- Ordizia 22-34 El Salvador
- VRAC 24-12 CRC
- La Vila 23-19 Gernika
- Ciencias 22-9 Santboiana
- Semifinais (8/9 de maio de 2010)[3][4]
- El Salvador 22-24 VRAC
- La Vila 25-12 Ciencias
- Final (16 de maio de 2010) [5]
- VRAC 33-17 La Vila
- Cadro da competición
Cuartos de Final | Semifinais | Final | |||||||||||
Ordizia | 22 | ||||||||||||
El Salvador | 34 | ||||||||||||
El Salvador | 22 | ||||||||||||
VRAC | 24 | ||||||||||||
VRAC | 24 | ||||||||||||
CRC | 12 | ||||||||||||
VRAC | 33 | ||||||||||||
La Vila | 17 | ||||||||||||
La Vila | 23 | ||||||||||||
Gernika | 19 | ||||||||||||
La Vila | 25 | ||||||||||||
Ciencias | 12 | ||||||||||||
Ciencias | 22 | ||||||||||||
Santboiana | 9 |
Notas
editar- ↑ Rugby. División de Honor. (9ª jornada), na hemeroteca de Mundo Deportivo. (en castelán)
- ↑ La Vila-Cajasol y Cetransa-Quesos Entrepinares, semifinales de la Copa del Rey, artigo de Marca. (en castelán)
- ↑ El VRAC Quesos Entrepinares, primer y justo finalista de Copa, artigo de Marca. (en castelán)
- ↑ La Vila alcanza su primera gran final al doblegar al Ciencias, artigo de Marca. (en castelán)
- ↑ El VRAC Quesos Entrepinares conquista su segunda Copa, artigo de Marca. (en castelán)