Copa das Rexións da UEFA

A Copa das Rexións da UEFA é unha competición de fútbol organizada pola UEFA na que toman parte seleccións rexionais de Europa integradas por xogadores non profesionais. Foi creada en 1998 tomando a substitución da extinta Copa da UEFA Amateur.

Copa das Rexións da UEFA
Fundación1999
RexiónEuropa (UEFA)
Equipos32 (41 con rondas previas)
Actual campiónPortugal Braga
Sitio webwww.uefa.com

Formato de competiciónEditar

  • Roldas previas estatais: cada federación disputa as eliminatorias coas súas rexións.
  • Fase previa: 8 equipos dividos en 2 grupos de 4 equipos. Choques a partido único. Clasifícanse os gañadores de grupo (2 equipos). Cada grupo xógase nunha sede fixa.
  • Primeira fase: 32 equipos dividos en 8 grupos de 4 equipos. Choques a partido único. Clasifícanse os gañadores de grupo (8 equipos). Cada grupo xógase nunha sede fixa.
  • Fase intermedia: desaparecida no formato actual.
  • Segunda fase: 8 equipos dividos en 2 grupos de 4 equipos. Choques a partido único. Clasifícanse os gañadores de grupo (2 equipos). Os dous grupos e a final xóganse na mesma sede.
  • Final: A partido único.

PalmarésEditar

Ano Sede Campión Subcampión Resultado
1999   Abano Terme   Véneto   Madrid 3-2
2001   Zlín   Moravia   Braga 2-2 (4-2)
2003   Heidenheim   Piemonte   Ligue du Maine 2-1
2005   Proszowice   País Vasco   Sueste de Sofia 1-0
2007   Sliven   Baixa Silesia   Rexión Sueste 2-1
2009   Zapresic   Castela e León   Oltenia 2-1
2011   Minho-Lima   Braga   Leinster and Munster 2-1
2013   Abano Terme   Véneto   Cataluña 0-0 (5-4 p.)
2015   Dublín   Rexión Oriental   Condado de Zagreb 1-0
2017

Resultados por estadosEditar

Pos. País Campión Subcampión
1   Italia 3 0
2   España 2 2
3   Portugal 1 1
  Irlanda 1 1
4   República Checa 1 0
  Polonia 1 0
6   Bulgaria 0 2
7   Francia 0 1
  Romanía 0 1
  Croacia 0 1

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar