A Copa Galiza de Rugby 2004 foi a 16ª edición da Copa Galiza da modalidade do rugby, que se disputou entre o 22 de novembro de 2003 (data do partido da Primeira Fase Previa) e o 29 de maio (día da final). Nesta edición enfrontáronse un total de 15 equipos de toda Galiza independentemente da liga na que competiran. O campión desta edición foi o Vigo R.C. "A", ao gañar na final ao C.R.A.T. "A" por 21 a 12.
- (3) C.R.A.T. "A", A Coruña
- (2) C.R.A.T. "B", A Coruña
- (1) Euita R.C., Lugo
- (1) ADX Ferro, Santiago de Compostela
- (1) Ingleses R.C., Vilagarcía de Arousa
- (3) C.R. Lalín "A", Lalín
- (2) C.R. Lalín "B", Lalín
- (2) Landrus R.C., Sarria
- (1) Mareantes Rugby Clube Pontevedra, Pontevedra
- (2) C.R. Ourense, Ourense
- (2) Sta. Compaña, Ourense
- (3) Vigo R.C. "A", Vigo
- (2) Vigo R.C. "B", Vigo
- (3) C.D. Zalaeta "A", A Coruña
- (1) C.D. Zalaeta "B", A Coruña
(1) Equipos que tiveron que disputar algunha das fases previas.
(2) Equipos clasificados directamente para a primeira fase.
(3) Equipos clasificados directamente para os cuartos de final.
Sistema de Competición
editar
Esta edición da Copa Galiza de Rugby constou de dúas fases previas, unha primeira fase, cuartos de final, semifinais e final. Tódalas eliminatorias se disputaron a partido único.
A primeira fase previa (A) consistiu nun partido que enfrontou a Zalaeta "B" e Euita R.C., o gañador deste encontro pasou á segunda previa (B), na que se enfontou ao ADX Ferro, o gañador deste partido pasou á Primeira Fase (D), enfrontándose ao Lalín "B". O gañador do outro partido da segunda previa (C) enfrontouse na Primeira Fase (E) ao Sta. Compaña. Os cuartos de final quedarían dispostos do seguinte xeito: