Coordinación muscular

A coordinación muscular defínese como a capacidade que teñen os músculos de sincronizarse dependendo da traxectoria e do movemento e é esencial para poder realizar un movemento coa correcta execución técnica.

Tipos de coordinación muscular editar

A coordinación está presente en todas as habilidades motrices, dunha maneira ou doutra e, polo tanto, pódese clasificar da seguinte maneira:

  • Coordinación global: Nesta fase fórmanse as estruturas básicas do movemento, coincide coa primeira de tódalas fases de aprendizaxe da motricidade dos seres humanos, onde os movementos aínda son incorrectos e inadecuados.
  • Coordinación fina: É a segunda fase de aprendizaxe da motricidade e refírese á coordinación das funcións musculares, ósea e neurolóxica para así crear movementos precisos e harmónicos.
  • Coordinación estática: É un tipo de coordinación na que se produce o equilibrio entre a acción dos grupos musculares antagonistas, que son os músculos que realizan unha contracción, por exemplo, o tríceps. Depende do ton e axuda á conservación voluntaria das actitudes.
  • Coordinación dinámica xeral: Este tipo de coordinación é a base de tódolos movementos, intervén nos desprazamentos, xiros e saltos. Nesta coordinación interveñen gran cantidade de segmentos musculares, poden ser os membros superiores e/ou inferiores. O movemento xunto co desprazamento corporal nun só sentido ou en ambos e que se poden efectuar de forma rápida ou lenta son a base deste tipo de coordinación.
  • Coordinación dinámica específica: É o axuste corporal que se produce fronte a outros tipos de motricidade que esixen o uso particular dalgún segmento.
  • Coordinación viso-motriz: Este tipo de coordinación require a sincronización de movementos que requiren moita precisión. Son as tarefas que esixen a sincronía dos ollos e mans, dedos, pés...
  • Coordinación segmentaria: Neste tipo de coordinación interveñen os segmentos corporais, son fundamentais as conexións nerviosas. Pódese apreciar na motricidade fina ou na consecución da lateralidade.

A importancia da coordinación na educación física editar

A coordinación é unha aptitude esencial para realizar calquera tipo de movementos, por iso ten unha maior importancia na educación física. Nela tense que ir exercitando etapa por etapa ata conseguir unha correcta execución motriz de tódolos movementos de forma conxunta, por exemplo, a execución dalgunha técnica específica para un deporte ou actividade, que se produce a partir dunha cadea sucesiva de movementos ordenados e estruturados.

Para acadar unha boa coordinación, interveñen varios factores: ter unha condición física óptima, que nos permita realizar os movementos; ter un bo desenvolvemento cognitivo, xa que todo movemento executado de forma consciente e intencional se realiza por un sinal emitido previamente polo cerebro.

Desta maneira, a coordinación é un mecanismo no que interveñen de forma simultánea o cerebro e a motricidade, pero o cerebelo tamén intervén, de forma que coordina e organiza os estímulos emitidos polo cerebro e tamén regula a información sensitiva.

Un movemento coordinado pódese definir como o axuste duns criterios esenciais para realizar devandita acción, son a harmonía, a economía, a precisión e tamén a eficacia.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar