Desculpas polo retraso na resposta, estiven ausente uns días, outro compañeiro xa corrixiu o vandalismo. Aproveito para desexarvos, con moito retraso, unha boa estadía e agradecervos a vosa colaboración. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:50, 23 abril 2007 (UTC)

John Cena editar

bo día, carnotáns.

Botádelle un ollo ó artigo da wikipedia en castelán de John Cena, que está bastante completo, e podedes completar o artigo que creáchedes.

Ó creardes un artigo novo, está ben mirar se existe noutras wikis para pór as ligazóns que conectan o noso artigo cos doutros idiomas (igual que se debe crear no artigo en inglés, ou en castelán, unha ligazón ó artigo en galego; despois, os bots soen encargarse de crear as ligazóns nos outros idiomas).

Cando empecei a crear artigos pasábame o que vos pasou agora, que o apelido me aparecía en minúsculas. Cando vos pase iso, podedes ir a "mover", e darlle un novo nome ó artigo.

saúde, e pola sombra!! --Estevoaei 07:34, 19 outubro 2007 (UTC)

Bloqueo editar

Perdoade polo bloqueo, non sabía que erades vós. O caso é que vin a esa IP facendo artigos incluíndo lixo, e decidín parlle os pés antes de que sehuira. os artigos creados por esta IP foron: *Tozudo. Co contido Tu eres tonto.

  • Pepe. Co contido VIVE EN LUGO DEVAJO DE UN PUENTE.NECESITO VIVIENDA.
  • MUIÑEIRO. Co contido: NON SAVE XUGAR O FUVOLIN ESTA TOLO E PON AS VACAS TOLAS ........DURMO NUN ESTAVLO CON 10000000 VACAS DO PAIS BUSCO MULLER PARA CASAR E QUE MAS CUIDE VIVO SAN PIXO DO CARALLO PORFAVOR LLAMEN.----
  • Tu eres tonto. Co contido: yago coroas fonvella.

Vaia, non era esa. Perdoade. Menudo día que levo. AlberteSi, digame? 10:36, 26 outubro 2007 (UTC)

Supoño que foi un usuario díscolo. Creo que Lmbuga xa vos desbloqueou. Se aínda non o fixo, agora o mesmo o fago... e apuntarei esa IP para non esquecerme de que pertence a un centro educartivo. Un saúdo. AlberteSi, digame? 10:20, 26 outubro 2007 (UTC)

Fixen unha poucas corrección no artigo que creastes. Botádelle unha ollada premedo aquí para verdes o resultado. Un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 10:43, 11 xuño 2009 (UTC)