Benvido/a á Galipedia Penny Black. É unha boa nova ter un colaborador que coñece o campo da Filatelia e o Coleccionismo de selos, esperamos que coa túa axuda esa parte da encilopedia se vaia enchendo de textos e artigos. Grazas por rexistrarte e comezar unha colaboración estable con nós. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nós necesites aí nos tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 10:39, 8 maio 2006 (UTC)

  • Paréceme boa idea, aínda que seguimos un sistema de debate para aprobar as ramas de categorías, tamén creamos categorías de xeito provisional e iso está máis xustificado cando é moi posible que esa categoría sexa proposta no debate. Así que adiante coa categoría. Estás facendo un bo traballo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:14, 14 maio 2006 (UTC) Por certo, nun dos debates temos incluida a categoría Coleccionismo. --Prevert(talk) 15:16, 14 maio 2006 (UTC)
  • Bótalle unha ollada ao cadro no apartado Hobbies e aficións por se se che ocorre algunha idea para desenvolver esa parte, que aínda está pouco traballada. --Prevert(talk) 15:20, 14 maio 2006 (UTC)
  • Dicíao pola páxina Coleccionismo de selos, non por meter Filatelia dentro de coleccionismo. Xa creei a categoría Filatelia. Se te animas a propoñer algo para a Filatelia e a relación con outras categorías nas que poda estar clasificada e subcategorías que colguen dela sería moi ben recibido. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:26, 14 maio 2006 (UTC)
  • Polo de agora están as dúas categorías creadas, polo que vexo a cuestión e se unha colga de outra ou ambas están ao mesmo nivel. Podemos deixalas así -illadas- mentres non teñamos un esbozo desa rama de categorías que tamén dependen doutras categorías. Se cadra os propios artigos nos dan a solución (refírome aos temas dos artigos e ao seu número). Segundo vaias creando artigos se ves a necesidade doutras subcategorías dimo porque iso pode axudar a debuxar o conxunto da rama. Calsifiquei Coleccionismo de selos tanto en Filatelia como en Coleccionismo, seguindo a suposición de que eran categorías independentes. Deixoo ao teu criterio se se debe de manter así ou eliminar unha das categorías. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:48, 14 maio 2006 (UTC)

FelicitaciónEditar

Felicítoche pola túa colaboración ca Galipedia; gracias a ti debemos de ser a mellor wikipedia para os que queiran buscar información de cousas relacionadas ca filatelia. Saúdos. --User:Tinsiño 19:55, 14 maio 2006 (UTC)

MataselosEditar

  • É unha pregunta difícil de contestar, hai algúns puntos coas imaxes realcionados co fair use/uso lexítimo que ata agora non tiñamos definidos. A avalancha de imaxes dese tipo que se produciu os últimos días obriga a abrir un proceso de debate sobre o tema, tal como sucedeu noutras wikipedias con anterioridade. O que quero dicir é que con respecto a certas imaxes a política é provisional. A solución que podemos usar mentres non se toma unha definición definitiva con respecto ás imaxes que citas e marcalas como: {{ImaxeProvisoria}} e {{Selo}}. En todo caso procura só cargar aquelas imaxes que sexan imprescindibles ata definir o status real do mataselos. Supoño que será unha imaxe escaneada ou unha fotografía dunha carta? Porque dependendo do que sexa a situación varia. Sinto non poder dar unha resposta definitiva pero depende do que se debata por todos e iso penso que levará certo tempo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:42, 21 maio 2006 (UTC)
  • Estamos traballando no tema das imaxes en commons, cando teñamos listas as traducións e a recollida de información, é cando se pode comezar o debate aquí. Aínda que levamos feito terá que pasar algún tempo para que estea todo listo. Estás facendo un gran traballo. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:15, 21 maio 2006 (UTC)

Selo postalEditar

Ola Penny Black, o artigo Selo postal que comezaches e no que fixeches un gran traballo é o artigo destacado en portada en agosto. Parabéns. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:12, 31 xullo 2006 (UTC)

Xornal da GalipediaEditar

Ola Penny Black, en primeiro lugar queremos agradecerche as túas colaboracións na Galipedia, son moi importantes para o bo funcionamento do proxecto galego. Esta mensaxe é para dar conta de certas novidades no wiki. Co constante crecemento da Galipedia fíxose necesario crear un sistema para difundir o que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Por todo iso nace o Xornal da Galipedia. Co Xornal pretendense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores e a calidade deste wiki. Esta é a primeira edición do xornal e do modelo de suscripción {{Xornal}}. Incluíndo o modelo na páxina de usuario actualízase automaticamente con cada nova edición do Xornal. Calquera colaboración ou suxerencia que queira aportar pode incluíla na páxina de discusión. Confiamos en que este novo instrumento sexa útil para os colaboradores da Galipedia, por iso as opinións dos usuarios son moi váliosas para conseguilo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 23:27, 15 setembro 2006 (UTC)

OlaEditar

Ola Penny Black. Grazas polas túas contribucións. Estiven lendo o artigo que estás facendo Historia da moeda en Galicia, paréceme moi interesante. Creo que debería haber ligazón a el dende outros arguivos de historia. A ligazón podería realizarse, se fas apartados dentro do artigo, a cada un destes apartados. Por exemplo en Roma antiga podería poñerse [[Historia da moeda en Galicia#A moeda na Galicia romana|A moeda na Galicia romana]].

Non dubides en contactar comigo cando desexes. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 06:42, 13 outubro 2006 (UTC)

Ola Penny Black, alégranos verte por aquí outra vez. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:39, 15 outubro 2006 (UTC)
Non sabia se o viras, o artigo ten méritos para estar en portada. Grazas polas túas contribucións. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:58, 15 outubro 2006 (UTC)

20.000 artigosEditar

Ola Penny Black. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.

Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:

Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois algúns dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días.

Grazas de novo por ser un máis entre nós.--Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:46, 6 decembro 2006 (UTC)

Historia da moeda en GaliciaEditar

Ola Penny Black. Como hai tempo que non pasas por aquí e quizais non chegues a velo quería informarte de que o artigo Historia da moeda en Galicia no que traballaches ti foi elixido artigo destacado sobre Galicia para aparecer en Portada en maio de 2008. Parabéns. Un cordial saúdo. --Prevertgl 23:30, 16 febreiro 2008 (UTC)