Wikipedia:Sobre Galicia/maio 2008

As Elagabalus 218-leg 3 Gallica.jpg

Historia da moeda en Galicia: Antes da chegada dos romanos, os pobos que se asentaban no territorio que hoxe comprende Galicia non coñecían a moeda, os seus intercambios comerciais baseábanse no troco. Estrabón fala do uso nestas terras de pequenas placas de prata para seren utilizadas no cambio, mais arqueoloxicamente non hai ningunha evidencia da súa utilización. As primeiras moedas das que hai evidencia arqueolóxica son ibéricas e romanas que se atopan nos castros galegos máis como botíns de incursións guerreiras realizadas no século II e I a.C.