Benvido á Galipedia. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia galega en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nós necesites aí nos tes. Un cordial saúdo.--Rocastelo(fálame aquí) 17:15, 20 febreiro 2006 (UTC)

Benvido Pedro, pasalo ben. --Dannycas 02:14, 21 febreiro 2006 (UTC)

  • Únome, con dous meses de retraso, ao saúdo de benvida. --Prevert(talk) 11:02, 27 abril 2006 (UTC)

Gracinhas a tod@s, sinto non ter respostado antes, mais... o tempo... esvaécese... sen tan sequera olhalo

  • Xa sabes aquí estamos para axudar na medida do posible e conseguir entre todos que o proxecto medre. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 10:41, 8 maio 2006 (UTC)

Ola Pedro Insua, en primeiro lugar queremos agradecerche as túas colaboracións na Galipedia, son moi importantes para o bo funcionamento do proxecto galego. Esta mensaxe é para dar conta de certas novidades no wiki. Co constante crecemento da Galipedia fíxose necesario crear un sistema para difundir o que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Por todo iso nace o Xornal da Galipedia. Co Xornal pretendense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores e a calidade deste wiki. Esta é a primeira edición do xornal e do modelo de suscripción {{Xornal}}. Incluíndo o modelo na páxina de usuario actualízase automaticamente con cada nova edición do Xornal. Calquera colaboración ou suxerencia que queira aportar pode incluíla na páxina de discusión. Confiamos en que este novo instrumento sexa útil para os colaboradores da Galipedia, por iso as opinións dos usuarios son moi váliosas para conseguilo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 23:28, 15 setembro 2006 (UTC)

20.000 artigos editar

Ola Pedro Insua. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.

Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:

Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois moitos dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días e, quizais algúns non cheguen a ver esta mensaxe nunca, porque o seu paso pola Galipedia foi fai moito tempo. Así e todo, non queriamos deixar de agradecérllelo.

Grazas de novo por ser un máis entre nós. Lmbuga Commons -- Galipedia e --Prevert(talk) 00:44, 6 decembro 2006 (UTC)

Coda editar

Boa tarde, Pedro. Borrei a entrada Coda que creaches. Ten en conta que os contidos da Wikipedia deben ser os propios dunha enciclopedia e non unha definición dun termo. Nese sentido, existe un proxecto irmán, o Wikizionario, onde seguramente sería ben máis útil esa entrada. Un saúdo e se tes calquera dúbida non temas en preguntar. --Atobar (conversa comigo) 5 de xuño de 2016 ás 14:40 (UTC)Responder