Dámosche a benvida á Galipedia, Ouren97!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --MAGHOI (conversa) 11 de xuño de 2024 ás 06:59 (UTC)Responder

Moitas gracias! Estaba intentando poñerlle unha imaxe na Infotaula, a que está en: Diario dun Pirata Confinado (nuevatribuna.es)
pero non fun capaz Ouren97 (conversa) 11 de xuño de 2024 ás 07:55 (UTC)Responder
Ola, de novo. Só se poden subir imaxes libres de dereitos, e esa parece que non o é. De tódolos xeitos, o procedemento sería subila primeiro a Commons, e unha vez subida, ligala. Para subila a Commons, preme no meún da esquerda en "Subir un ficheiro"; na seguinte páxina na parte central aparece a ligazón a "Wikimedia Commons"; premes aí, e na seguinte páxina tan só hai que seguir as instrucións.
Só unha cousiña máis. Estamos na túa páxina de conversa, se queres que me chegue o aviso, a min ou a outro usuario, tes que premer "@", no teclado do ordenador e, a seguir, o nome. De non facelo así, a túa mensaxe non lle chega ao destinatario. Ánimo e a seguir. Saúdos. MAGHOI (conversa) 11 de xuño de 2024 ás 15:54 (UTC)Responder