Dámosche a benvida á Galipedia, Loispardo!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --MAGHOI (conversa) 24 de marzo de 2022 ás 15:38 (UTC)Responder

Voda da Pita editar

Ola, Loispardo. O artigo que creaches Voda da Pita ten uns marcadores de atención. Compriría que botases unha ollada as ligazons que che puxen na benvida, para mellorares o artigo e que teña a calidade mínima esixida na Galipedia. Para calquera dúbida que teñas, aquí estamos. Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 24 de marzo de 2022 ás 15:41 (UTC)Responder

Ola, MAGHOI! Grazas polas túas palabras, aínda que creo que me estou facendo un pequeno lío...
O primeiro, non son quen de saber cales son os marcadores de atención. Vin as mensaxes túas, que me saían repetidas e agora non son quen de ver a metade delas. Pareceume que nalgunha falaba do estilo da entrada (imaxino que se refire ao tipo de letra e composición da mesma...) pero non sei ben onde está mal.
Tamén me pareceu ver que precisa referencias bibliográficas... E se non hai? Ou aquí tamén contan os medios de comunicación? A verdade, non tiña intención de poñer entradas de prensa, pero se hai que facelo, tampouco hai problema.
Doutra, non son capaz de subir ningunha imaxe. E sempre me di que non pode comprobar se é da minha autoría, aínda que lle risque o meu compromiso... A autoría e a cámara son minhas, non sei que máis facer.
Despois de moito tempo de "había que facer", deume por incluír umhas entradas sobre a festa da Pita (que no ano que ven fai 25 anos) e comecei pola da Voda. Esa era, exclusivamente, a intención.
Grazas pola paciencia e desculpa o atraco que che acabo de meter Loispardo (conversa) 24 de marzo de 2022 ás 15:55 (UTC)Responder