Ola Kryser. Benvido á Galipedia. Grazas por colaborares connosco.

A túa axuda é especialmente importante, pois, visto o artigo Oligomicina, móveste nun campo en que se moven moi poucos usuarios.

Non dubides en contactar comigo (Como contactar con outros usuarios?) cando desexes: estou á túa disposición.

Por certo coloquei ó final artigo Oligomicina a etiqueta [[Category:PendenteCategoría]]. Tódolos artigos deben de estar dentro dunha categoría temática, como eu son de letras e non teño claro onde colocar ese, púxenlle esa etiqueta. Quizais debera estar en Category:Microbioloxía, ou en calquera das subcategorías de Category:Química, Category:Bioloxía ou Category:Medicina. Por certo, podes colocar un artigo en dúas categorías (supoño que xa o sabías).

Grazas e un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 10:51, 17 decembro 2006 (UTC)

  • Ola de novo, editaches na páxina correcta para enviar a mensaxe. De novo, darche as grazas polas túas contribucións. Non te preocupes se non dás categorizado os artigos, pero é conveniente que poñas [[Category:PendenteCategoría]] ó final do artigo para que outro usuario que coñeza ben a estrutura das categorías científicas poida atopar doadamente o artigo, posto que ó engadir esa etiqueta, o artigo pasa a estar listado en Category:PendenteCategoría.

Non te preocupes por non facer as cousas perfectas. Todo o que fagas será benvido se, como ata o de agora, traballas con contidos de calidade enciclopédica. Os erros son corrixibles mentres que as túas contribucións son insubstituíbles.

Sobre o artigo "Electron Transfer Chain" e en catalán "Cadena de transport electrònic", ponlle o nome que che pareza máis apropiado, quizais Cadea de transporte electrónico. Se o día de mañá se quere cambiar ese nome, faise en dous segundos, o importante é que exista o artigo.

Procurarei darlle unha ollada ós artigos que produzas, pero a verdade é que non o fas nada mal, e que tes un bo dominio da lingua para non estares na terra. Conta comigo--Lmbuga Commons - Galipedia 12:25, 17 decembro 2006 (UTC)

Formato editar

Vexo o artigo ATP e está ben feito. Quizias te aclararas despois de me enviar a mensaxe.

Primeiramente repara en que se editas unha páxina, inda que non sexa para escribir, podes ver o formato.

  • Os parágrafos sepáranse preferiblemente con dobre salto de liña.
  • Os títulos entre 2 = (==), os subtítulos entre 3 = (===subtítulo===)
  • Sangría poñendo : ó inicio de liña. Dobre sangría con ::
 
eu
  • Para engadir imaxes escribe [[image:nome da imaxe|thumb|right|200px|pequeno texto para o é da foto]]

En Commons (arquivo cun millón de ficheiros multimedia) hai imaxes que se poden poñer coma se estivesen subidos á Galipedia.

Tes máis información en Wikipedia:Como engadir imaxes e Wikipedia:Como editar unha páxina (ligazóns, tipos de letra, liñas, táboas, caracteres especiais, ligazóns externas,...).--Lmbuga Commons - Galipedia 16:44, 17 decembro 2006 (UTC)

Saúdo de Benvida editar

Benvido á Galipedia Kryser. Grazas por unirte a este proxecto e por colaborar connosco na mellora do wiki. Se tes algunha suxerencia sobre o wiki, as páxinas de axuda ou todo aquilo que penses que pode mellorar a Galipedia para nós sería de moita axuda coñecela. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:32, 18 decembro 2006 (UTC)

Amoxicilina editar

  • É que levo vários dias sen contribuir e tiña o mono... ;-D. Espero que estexas ben de saúde e que un médico non che recomendase a amoxicilina por causa dunha bronquite!!. --Xosé (✉) 21:19, 27 decembro 2006 (UTC)

Desfixen os cambios que realicei no artigo. Procurarei non meter a pata. A miña intención era simplemente que os artigos non sexan excesivamente curtos. Grazas polo aviso e desculpa--Lmbuga Commons - Galipedia 15:18, 29 decembro 2006 (UTC)

  • Sexa como sexa, é preferible que deixe o asunto nas túas mans. Eu non entendo nada: fixen filoloxía galega e non son quen de considerar eses datos. Non debín editar nesa zona, inda que tampouco foi nada grave ou irreparable. De novo, darche as grazas polas túas contribucións. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 04:18, 30 decembro 2006 (UTC)