Ficobilina

(Redirección desde «Ficobilinas»)

As ficobilinas son uns pigmentos fotosintéticos que se atopan en cianobacterias e nos cloroplastos de algas vermellas, glaucófitas e algunhas criptomónadas. É un cromóforo tetrapirrólico aberto que se adoita unir covalentemente a proteínas hidrosolubles, formando unha ficobiliproteína.

A ficocianobilina é un exemplo de ficobilina.

A ficobilina absorbe ben baixas lonxitudes de onda do espectro visíbel: vermello, laranxa, amarelo e verde (que non absorbe ben a clorofila a). Isto explica a súa cor azulada. As ficobiliproteínas pasan despois a enerxía da luz absorbida ás clorofilas durante a fotosíntese. Os organismos que viven en augas pouco profundas tenden a presentar ficobilinas que captan a luz amarelo/vermella, e os que viven en zonas máis profundas adoitan ter máis ficobilinas que captan a luz verde, que é relativamente máis abondosa alí.

As ficobilinas teñen fluorescencia a unha lonxitude de onda particular, polo que se usan con frecuencia en investigación como etiquetas químicas, por exemplo, unir ficobiliproteínas a anticorpos forma parte das técnicas da inmunofluorescencia.

Estrutura química editar

Quimicamente é un bilano que consta de 4 pirrois unidos mediante enlaces cis de xeito liñal.

Tipos editar

Hai catro tipos de ficobilinas:

  1. Ficoeritrobilina, que é vermella e forma parte da ficoeritrina.
  2. Ficourobilina, que é laranxa, que tamén forma parte da ficoeritrina.
  3. Ficoviolobilina (tamén chamada ficobiliviolina), que forma parte da ficoeritrocianina.
  4. Ficocianobilina (tamén chamada ficobiliverdina), que é azul e forma parte da ficocianina.

Poden atoparse en diferentes combinacións unidas a a proteínas formando ficobiliproteínas que lles confiren especiais propiedades espectroscópicas.

Notas editar