Benvido(a) á Galipedia, !

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de febreiro de 2019 ás 14:32 (UTC)Responder

Billie Eilish editar

Ola Juditlopez. Vin que estiveches engadindo contido no artigo Billie Eilish. Agradézoche o aporte pero como semella que levas pouco tempo editando, indícoche un par de cousiñas para que vaias mellorando. En primeiro lugar, fíxate que na parte superior da páxina ten un rótulo que indica que hai unha persoa editando. Ese marcador colócase para reservar a páxina e non haxa varias persoas editando ao mesmo tempo e non se machaquen mutuamente as edicións. Polo tanto, cando está ese marcador (engádese na pestana de "Editar a fonte") non se debe editar na páxina.
Por outra banda, fíxate que no texto que engadiches as referencias quedan como texto normal; non aparecen como tales porque hai que darlles un formato especial, non chega con copiar e pegar. E, finalmente, isto é máis importante, cando se trae texto doutra wiki hai que indica-lo recoñecemento, normalmente no cadradiño de "Publicar os cambios".
Repito que non debes entender isto como unha reconvención senón que cho digo con ánimo de que aprendas e sigas traballando. Precisamos máis xente para que a Galipedia aumente e mellore. Ningúen nace aprendido. Se tes dúbidas non tes máis que preguntar que hai unha comunidade xeitosa. Ánimo e a darlle duro. Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 23 de marzo de 2019 ás 00:05 (UTC)Responder