Benvido á Galipedia. Sempre apreciamos que cheguen novos usuarios a esta wikipedia. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia galega en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nós necesites aí nos tes. Saúdos, --Rocastelo(fálame aquí) 19:26, 20 abril 2006 (UTC)

Non dubides en contactar comigo cando desexes. Estou a túa disposición. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 11:03, 8 xullo 2006 (UTC)

  • Perdoa, ando na verza. En vez de darche a benvida á Galipedia, como che ía falar de Commons deicha a Commons. Teño que recoñecer que máis despistados ca min hai poucos no mundo. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 21:03, 25 xullo 2006 (UTC)

20.000 artigos editar

Ola Binturong. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.

Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:

Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois moitos dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días e, quizais algúns non cheguen a ver esta mensaxe nunca, porque o seu paso pola Galipedia foi fai moito tempo. Así e todo, non queriamos deixar de agradecérllelo.

Grazas de novo por ser un máis entre nós.--Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:57, 6 decembro 2006 (UTC)

Metro de Cantón editar

Boas, o artigo Metro de Cantón, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, MAGHOI (conversa) 18 de outubro de 2021 ás 08:42 (UTC)Responder