fixen esta entrada hai tempo, e vexo que alguén pouco informado foi borrando información sen criterio. É de lamentar.

Posible violación de dereitos de autoría editar

Ola, Anxoneta, grazas por colaborar con Wikipedia. Dámosche a benvida ao proxecto; con todo, hai un problema con algunhas das túas contribucións, que consistiron na copia literal do contido doutras páxinas web, ou doutros medios que poderían estar protexidos por dereitos de autor. Como se explica en Wikipedia:Dereitos de autoría, esta clase de achegas non son aceptables, porque poden implicar unha violación dos dereitos dos autores do mesmo. Por esa razón, o texto foi retirado ou colocouse un aviso de posible violación de dereitos de autor.

Debes saber que, de acordo á Convención de Berna, que regula a propiedade intelectual a nivel internacional, todas as obras están protexidas e os seus autores resérvanse todos os dereitos de reprodución, salvo que o contrario se especifique clara e explicitamente. Aínda si a páxina da que copiaches o texto non indica que tódolos dereitos están reservados, iso non quere dicir que estean dispoñibles para o seu uso en Wikipedia.

Para poder admitir material en Wikipedia precísase que a licenza baixo a que se publican devanditas páxinas sexa compatible coa licenza baixo a que publica Wikipedia (Creative Commons Atribución-Compartir igual 3.0). Esta licenza permite o uso comercial dos contidos reempregados, a condición de que os usos que se lles dean sexan de acordo aos termos de uso da licenza.

Lembra que a política sobre os dereitos de autor é innegociable; aínda que outras persoas poden estar dispostas a violar a lei, a responsabilidade do proxecto Wikipedia é demasiado grande para permitírnolo. Para máis información sobre as normas, visita Wikipedia:Políticas e normas.--. HombreDHojalata.conversa 18 de febreiro de 2020 ás 20:51 (UTC)Responder

Pero non consigo ver a que entrada se refire, nin cales poden ser as violacións dos dereitos de autor Anxoneta (conversa) 19 de febreiro de 2020 ás 10:22 (UTC)Responder

Cal é a tal violación de dereitos? Acláreme de qué artigo fala dos que escribín eu Anxoneta (conversa) 19 de febreiro de 2020 ás 18:01 (UTC)Responder

Censura na wiki por un desinformado editar

Non hai violación ningunhados dereitos de autoría, todo é da miña mao, coido que o home de hojalata, vaia nome!, Trabúcase Anxoneta (conversa) 19 de febreiro de 2020 ás 10:27 (UTC)Responder

Non hai violación ningunhados dereitos de autoría, todo é da miña mao, coido que o home de hojalata, vaia nome!, Trabúcase Anxoneta (conversa) 19 de febreiro de 2020 ás 10:27 (UTC)Responder

Normas de conduta editar

Ola Anxoneta.

Por favor, ten en consideración o expresado en: Wikipedia:Normas de conduta.

Graciñas, un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 13 de marzo de 2020 ás 14:26 (UTC)Responder

Non sei a qué achega te refires, nin entendo qué fixen mal

Anxoneta (conversa) 16 de marzo de 2020 ás 16:42 (UTC)Responder

Referencias en contribucións recentes editar

 

Ola, Anxoneta. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.

Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a cita da fonte ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso sigue os seguintes pasos:

 
Na barra de ferramentas hai un botón que pon "Citar". E ao premer nel aparece un menú despregábel onde pon "Modelos".
 
Ao premer en "Modelos" desprega estas opcións; hai que escoller unha segundo o tipo de cita.
 
Despois de escoller unha, sae un formulario; unha vez completado, hai que darlle a "Inserir" (non é necesario encher todos os campos).

Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --Estevo(aei)fálame aquí 23 de setembro de 2020 ás 07:19 (UTC)Responder