Benvido(a) á Galipedia, !

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 1 de marzo de 2019 ás 18:24 (UTC)Responder

Modelos editar

Boas Alex, vin a túa edición en Modelo:Universidade/uso, está ben porque é unha información de interese na ficha, pero hai que ter coidado con estas edicións, e coméntocho. Os modelos non son artigos, os modelos son pezas especiais dos artigos que, entre moitas utilidades, serven para amosar as caixas de datos, por iso un modelo é utilizado en centos ou miles de artigos. Aí está a súa utilidade, pero tamén o seu risco, xa que se modificamos incorrectamente un modelo estamos afectado a todos os artigos que o utilizan. Por iso, antes de cambialos hai que saber ben o que se quere facer e como, probalos nos espazos de probas e logo pasar os cambios ó modelo final. Por iso, cando vexas que hai que cambiar algún modelo, mentres non coñezas como facelo de forma axeitada, o mellor é que o comentes na páxina de conversa dese modelo ou na taberna da comunidade. Eu xa modifiquei o modelo para que aparezan eses datos, agora xa podes usar eses parámetros nos artigos que consideres :) Se tes calquera dúbida podes contactar comigo na miña páxina de conversa. Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de abril de 2020 ás 22:00 (UTC)Responder