Benvido(a) 95.124.43.64 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para nos poñermos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 15:38, 22 de xaneiro de 2011 (UTC)

Ola. Gustaríame facerche un par de comentarios sobre as edicións que acabas de facer. En Luís Milia Méndez introduciches un par de datos moi interesantes, pero non achegaches a fonte da que extraíches eses datos. Iso na Wikipedia é de suma importancia, como comprobarás en Wikipedia:Verificabilidade. Por outra banda, en A Costeira, Carballeda, Carballeda de Avia, ademais de non aclarar tampouco as fontes, o artigo que fixeches é tan curtiño que tampouco se pode considerar artigo, polo que non ha tardar alguén en marcalo para borrar. Como semella que coñeces ben o lugar, podes intentar achegar datos contrastables que lle dean un pouco máis de corpo ó artigo para quer poida quedar. Para calquera pregunta tesme na miña páxina de conversa. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 15:43, 22 de xaneiro de 2011 (UTC)