Benvido(a) 91.117.229.62 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para poñernos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo.

Javier Puig Llamas editar

Boas, desfixen os cambios que fixeches no artigo Javier Puig Llamas xa que nas ligazóns que engadiches non atopei información que indicara que el revisou o libro de Valle. Eu non controlo deste tema e non o podo amañar porque aínda que busquei algo de información en Internet non atopei nada sobre isto, por iso puxen de novo o marcador Cómpre referencia. Se atopa referecias directas e claras a esa información pode engadilas no artigo e se precisa algunha axuda sobre como facelo, non dubide en contactar comigo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de setembro de 2016 ás 15:32 (UTC)Responder


Elisardo, teño a dedicatoria de Valle-Inclán a Javier Puig en agradecemento, pero non está en internet e non sei como enviarcha ou inseríla (non creo que prodeda inserila).

Saúdo—o anterior comentario sen asinar foi feito por 91.117.229.62 (conversacontribucións) 6 de setembro de 2016 ás 18:08‎

Boas, despois de consultar con outro usuario, e tendo en conta que a dedicatoria é un texto curto e como non é unha obra literaria non terá dereitos de autor, entendemos que é posible subir unha imaxe dela ó servidor de imaxes da Wikipedia e logo poñer unha nota no artigo que ligue con ela e xa serviría de referencia. Eu podo axudarlle en tódalas dúbidas que teña para subir a imaxe e para poñela como referencia no artigo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de setembro de 2016 ás 18:48 (UTC)Responder

Ben, vou tratar de facelo.—o anterior comentario sen asinar foi feito por 91.117.229.62 (conversacontribucións) 12 de setembro de 2016 ás 10:37‎

Visto o artigo de onte 9/X/2016 no Faro de Vigo aporto a ligazón ó artigo, onde se mostra o manuscrito autógrafo por parte do historiador Juan Juega.

Grazas pola súa achega. Saúdos, Elisardojm (conversa) 10 de outubro de 2016 ás 10:38 (UTC)Responder

Corrixo erro do Faro de Vigo: "Lamas" por "Llamas". Saúdos.