Benvido(a) 91.116.156.15 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para nos poñermos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo.

Respondiche en Conversa:F. X. González García. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 17:06, 15 de decembro de 2010 (UTC)

Relacións editar

Boas noites e perdoa a pregunta: ¿tes algunha relación persoal con Francisco Xabier González García? Graciñas. Pedro --Lameiro (conversa) 18:18, 15 de decembro de 2010 (UTC)

  • Semella que coñéce-las normas básicas da Wikipedia e non es novo nesta casa se dis que xa fixeches artigos anteriormente. Unha destas bases é que ninguén pode escribir un artigo sobre si mesmo, nin tampouco ninguén que teña unha relación familiar ou semellante co suxeito do artigo. Se non tes nada que ver, non hai problema ningún por esa banda. Unicamente quedaría que engadises referencias do contido do artigo, outra das bases deste traballo; e que, por favor, asines as mensaxes. Pedro --Lameiro (conversa) 19:08, 15 de decembro de 2010 (UTC)
    • Non personalices as conversas que só leva a tensiona-la situación. Non che fixen ningunha pregunta persoal senón que intentaba confirmar ou descartar esa relación persoal co suxeito do artigo. Ti respondes que non e acabouse todo; no caso hipotético de que houbese algunha relación podías contestar que si, sen máis, e manter igual o teu anonimato sen problema. Ben, ese primeiro problema resolto. A min, o artigo non é que me pareza sospeitoso pero entra entre os que (para min) esixen unha comprobación mínima, como a que intentamos facer: se pido referencias é porque así o esixe a wikipedia, sempre, neste e en tódolos artigos. O usuario debe poder comprobar -verificar- onde se afirma o que di o artigo, como sabes. E para iso están as referencias, bibliografía, etc. como tamén sabes. Terceiro: non coñezo o home este nin teño ningún motivo que me leve a simpatías nin antipatías; non sei por que estableces esa relación entre o que digo e que me caia simpático ou non. E cuarto: tes todo o dereito a mante-lo anonimato, non cho nego (e non é ningún "regalo" que eu che faga, evidentemente: as normas ampárante) pero podes asinar como IP, mantendo ese mesmo anonimato, e volvo pedirche, por favor, que o fagas. Trátase dun xesto de cortesía, máis nada, e axuda a que o historial dos artigos e das conversas quede completo. A recomendación de asina-las mensaxes é norma usual nesta casa, como tamén sabes. Pedro --Lameiro (conversa) 19:55, 15 de decembro de 2010 (UTC)