Benvido(a) 88.165.219.105 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para nos poñermos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo. --JaviP96 8 de xuño de 2013 ás 09:24 (UTC)Responder

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia editar

Ola 88.165.219.105.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC-BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento.

Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
 
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --JaviP96 8 de xuño de 2013 ás 09:24 (UTC)Responder

Interwikis editar

Ola 88.165.219.105.

Cando crees un artigo, lembra engadir o interwiki do artigo que acabas de crear no Wikidata. Nota: Pode ser que o Wikidata non funcione no Internet Explorer.

Para iso, vai a ese mesmo artigo noutra lingua.

 
Premes na ligazón "Editar as ligazóns" para ir ó elemento do Wikidata que contén os interwikis.
 
Logo, premes no botón "engadir".
 
No campo "sitio", pos o código da Wikipedia, neste caso gl; e en "artigo" introduces o título do artigo.
 
Para finalizar, premes en "gardar".

Un saúdo e a seguir! --JaviP96 8 de xuño de 2013 ás 09:24 (UTC)Responder

Referencias en contribucións recentes editar

 

Ola, 88.165.219.105. Algunhas contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade a Galipedia, debido ao cal foron modificadas ou retiradas dos artigos nos que se incluíron, ou marcadas como {{sen referencias}}.

Para referenciar un artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a bibliografía ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros dos modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia, para iso segue os seguintes pasos:

 
Na barra de ferramentas hai un botón que pon citar. E ao premer nel aparece un menú despregábel onde pon modelos.
 
Ao pulsar en modelos desprega estas opcións, hai que escoler unha segundo o tipo de cita.
 
Despois de escoller unha, sae un formulario coma este, unha vez está completo hai que darlle a inserir (non é necesario cubrir todos os ocos).

Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias ao artigo.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --JaviP96 8 de xuño de 2013 ás 09:56 (UTC)Responder