Bos días, IP. Antes de seguir aumentando o artigo Coca (folclore) debes saber que será borrado inmediatamente se non o traduces ó galego. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 09:36, 13 de outubro de 2012 (UTC)

Boas, estiven mirando o que me dixeches en canto ó de Coca (mitoloxía), o nome de "coca" é o que aparece nas lendas galegas e o de tarasca nas provenzais. A similitude entre ambas proba que son o mesmo ser (posiblemente coa mesma orixe), pero con diferentes nomes. Eu só atopei referencias ó nome de "coca" nas lendas galegas de Redondela e Betanzos, polo que mantiven o nome galego e redireccionei o de tarasca. Coido que se debería deixar así. En canto ó teu artigo Coca (folclore) penso que é outro mito diferente máis xeral, que engloba outros máis específicos como Coca (mitoloxía), que non é máis que unha representación da lenda, un apartado da mesma, que debería manterse no artigo. En canto ó conflito de nomes é ben doado, trocar Coca (folclore) por Coco (folclore), e deixar a primeira como redirección. Por outra banda, estarei encantado de axudar na tradución á ortografía galega. Grazas pola túa colaboración, calquera dúbida ou se non estás de acordo co que dixen, faimo saber. --Breogan2008 (di) 11:41, 13 de outubro de 2012 (UTC)