• Ola, benvido. Estás mellorando a Galipedia, e hai que agradecercho. Mais sería positivo que te rexistrases para unha mellor comunicación. Tamén che quería indicar que sería bon que revisases os artigos na disposición gráfica, porque non os estás a deixar ben, como podes comprobar. Podes botarlle a ollada a un xa feito e velo editado, e despois ver un dos teus, porque deixas moita sangría que despois queda mal. Mais, grazas por colaborares. Un saúdo. --Xoán Carlos Fraga 18:12, 9 decembro 2006 (UTC)

Benvida editar

Benvido(a) 213.60.97.90 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para nos poñermos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo.--Lmbuga Commons - Galipedia 14:48, 10 decembro 2006 (UTC)

Grazas polas túas contribucións. Para que poidas ver como sería o desenvolvemento normal dun artigo, corrixín o formato de Deep Purple. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 14:48, 10 decembro 2006 (UTC)

Petición editar

Rógoche que mellores o formato dos artigos que realizaches antes de facer máis. Podes ver tódolos artigos que realizaches aquí.

Por certo os parágrafos non poden ser encabezados por espazos ou tabuladores. Tes información para saber como elaborar un artigo en Wikipedia:Libro de estilo. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 14:58, 10 decembro 2006 (UTC)