Benvido(a) 185.203.122.9 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para poñernos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo. --Atobar (conversa comigo) 8 de febreiro de 2018 ás 11:31 (UTC)

MarcadoresEditar

Ola, ip. Vexo que estás colocando marcadores e máis marcadores en artigos curtos que xa teñen, entre outros, o de curto. Non me parece unha boa idea. Amais, non sería máis fácil achegar unha referencia e listo no canto de imprimirlle o aspecto de desleixo que implica o marcador? Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 8 de febreiro de 2018 ás 11:31 (UTC)

Velaquí un exemplo. --Atobar (conversa comigo) 8 de febreiro de 2018 ás 11:39 (UTC)
Outro. --Atobar (conversa comigo) 8 de febreiro de 2018 ás 11:39 (UTC)
A iso me refiro precisamente. Mellor é arranxar que colocar marcador sobre marcador, e con máis motivo cando as entradas xa teñen marcadores específicos de ciencias en progreso, xornalismo en progreso, literatura en progreso (ben menos invasivos)... Anímote a que aqueles directamente os contidos ou, en todo caso, a que non engadas marcadores a non ser que sexa imprescindible. --Atobar (conversa comigo) 8 de febreiro de 2018 ás 11:43 (UTC)
Se, con todo, o labor que che interesa é dos marcadores, bótalle unha ollada aos modelos de en progreso e selecciona o que creas máis acaído. --Atobar (conversa comigo) 8 de febreiro de 2018 ás 11:45 (UTC)

ExemploEditar

Non entendo a que te refires. Aí outro editor reverteu a túa edición porque retiraches un marcador sen solucionar antes o problema e un segundo sen motivo (caracteres xaponeses). Es ti o usuario Judcosta, por certo? --Atobar (conversa comigo) 8 de febreiro de 2018 ás 11:55 (UTC)

O artigo que me pos de exemplo segue a ser bastante escuro para un usuario non iniciado: expresións como fecho da perna' ou de modo a fechar a xógara do xeonllo necesitan que alguén lles dea unha volta. Dime, es o usuario Judcosta? Pregúntocho por isto. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 8 de febreiro de 2018 ás 12:11 (UTC)