Conversa modelo:María Victoria Moreno

Último comentário: hai 6 anos de Atobar no tópico Ligazóns internas

Ligazóns internas

editar

Dubido moito de que tódolos libros dean para ter artigo de seu e, polo tanto, de que todos teñan que levar ligazón interna. --. HombreDHojalata.conversa 13 de abril de 2018 ás 20:11 (UTC)Responder

É que non coñezo case ningún dos outros, libros. Entón, con que criterio se decide cales deben ter artigo e cales non? Por número de exemplares vendidos? Por número de reedicións? E, a partir de que número? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de abril de 2018 ás 23:07 (UTC)Responder
E se non os coñeces para que lle engades ligazóns internas?! O criterio é a relevancia e a relevancia a dan as fontes acreditadas, como sempre. --. HombreDHojalata.conversa 14 de abril de 2018 ás 09:38 (UTC)Responder
Porque penso que tódolos libros poden ter artigo na Galipedia, penso que teñen relevancia abondo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de abril de 2018 ás 14:44 (UTC)Responder

Discordo, amigo meu. Non tódolos libros teñen relevancia pra ter artigo de seu nunha enciclopedia e as enciclopedias nin teñen, nin terán nunca, artigo pra tódolos libros. . HombreDHojalata.conversa 14 de abril de 2018 ás 14:50 (UTC)Responder

  • Ola. Eu estiveno pensando e inclínome a dicir que neste caso si teñen relevancia abonda. É unha autora de relevo, distinguida este ano coas Letras Galegas, e penso que iso xa a coloca nunha posición de vantaxe fronte aos máis, tanto como para que todos os seus libros -se somos quen- conten cunha entrada individual nesta Wikipedia. Outra cousa é a extensión de cada un (variará dunhas poucas liñas a ducias de parágrafos), e por suposto non será a mesma relevancia a que se lle conceda a un conto menor publicado de forma póstuma e sen especial boato ca outras obras de peso como Anagnórise ou Guedellas... --Atobar (conversa comigo) 14 de abril de 2018 ás 18:32 (UTC)Responder
Volver á páxina "María Victoria Moreno".