Conversa Wikipedia:Redireccións

Non entendo editar

Que quere dicir: "Cumprir co mantemento de historiais de edición non triviais seguindo os requirimentos de licenza."? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de outubro de 2015 ás 11:38 (UTC)Responder

Algunhas veces pode darse o caso no que un usuario no canto de mover unha páxina, creando así unha redirección, "blanquea" unha páxina e deixa só o texto #REDIRECCIÓN [[XXXXX]], normalmente cando a páxina de destino xa existe. Os admins podemos facer unha fusión directamente, borrando o destino e logo restaurando historial, pero aos usuarios non-admin non lles deixa o sistema cando a páxina destino xa existe, polo que as veces danse este tipo de casos. Cando é así, a redirección debe manterse para non eliminar o historial de edicións desa páxina.
Agora ben, o que se pode facer e que un admin colla o historial desa páxina de redirección e fusionalo (merge) co da de destino, para que quede todo xunto. Nese momento este criterio xa non aplicaría, e habería que ver se é convinte manter a redirección segundo o resto de criterios.
Ao mellor a redacción nesa parte non quedou excesivamente clara, sempre se pode explicar un pouco máis se ves que non é facil de pillar por onde vai ese punto. Banjo tell me 23 de outubro de 2015 ás 11:47 (UTC)Responder
Buff! si, hai que explicalo un pouco porque tal e como está non se pilla... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de outubro de 2015 ás 22:05 (UTC)Responder
  Feito!. Engadín unha nota coa explicación dese punto. Banjo tell me 24 de outubro de 2015 ás 09:31 (UTC)Responder

Plurais de termos formados por dúas palabras editar

Moitos termos están formados por dúas palabras e pode ser conveniente por cuestións de economía poñer unha redirección co plural. Por exemplo glándula suprarrenal / glándulas suprarrenais, factor de coagulación / factores de coagulación, cheminea hidrotermal / chemineas hidrotermais. En idiomas como en inglés isto non é un problema porque a primeira palabra adoita ser un adxectivo que nunca ten plural e simplemente hai que poñer un s na segunda palabra: embryonal stem cell /s (célula nai embrional / células nais embrionais). Isto é máis amplo que o indicado no exemplo de "gases nobres" no cal con gran frecuencia son tratados como un grupo de elementos e por iso está máis que xustificado o plural, pero nestes outros casos que expuxen é máis ben un caso de economía, pero choca coa norma de que como norma xeral os títulos van en singular, polo que se non se pon redirección, o plural hai que poñelo continuamente nas ligazóns, ás veces en termos moi longos.--Miguelferig (conversa) 26 de outubro de 2015 ás 22:23 (UTC)~Responder

Ola Miguelferig. O ideal é ligar co artigo directamente, na forma que teña o título, por norma en singular, pero tampouco pasa nada por ligar a redirección neste tipo de casos. No exemplo non pasaría nada por ligar nun artigo con "gases nobres", aínda que o ideal sexa usar "[[gas nobre|gases nobres]]". Estas redireccións de plurais nos conceptos son por "economía" de procura, para facilitar navegación. Se no día a día atopas conceptos que xeralmente non aplican, pero que realmente nunha serie de artigos se tratan en plural habitualmente, non habería problema en crear unha redirección desa forma, aínda que nese caso sexa por "economía" editorial. Seguindo co teu exemplo, se ves que (por dicir un número) hai 15 artigos nos que se fai referencia a "células nais embrionais" pero o artigo destino é "célula nai embrional", non habería problema en deixar o primeiro termo coma redirección do segundo, convértese case nun "uso habitual". O que si é que non debería ser unha norma xeral para tódolos artigos de calquera tipo e concepto, senón non acabaríamos nunca creando redireccións de plurais. Banjo tell me 27 de outubro de 2015 ás 06:11 (UTC)Responder

Suxestión: retirada dun apartado en Propósito das redireccións editar

Boas, como se pode comprobar buscando por Teoría da Evolución, non é necesario unha redirección para chegar a Teoría da evolución dende a caixa de busca. Ignoro se podería ser distinto usando outras opcións, pero semella que o apartado seguinte non sería necesario:

Saúdos.--Maria zaos (conversa) 12 de abril de 2020 ás 14:05 (UTC)Responder

Non se debe retirar o apartado. As redireccións non son unicamente útiles na caixa de procura, tamén son útiles para resolver ligazóns internas duns artigos a outros. Se non facemos a redirección "Teoría da Evolución"->"Teoría da evolución", "Teoría da Evolución" aparecera como ligazón vermella en artigos presentes e futuros, algo que debemos evitar. --. HombreDHojalata.conversa 12 de abril de 2020 ás 15:14 (UTC)Responder
Pero en teoría cando se move unha páxina amáñanse as ligazóns a esta. Ou sexa, en "teoría" non debería pasar, non? @HombreDHojalata:. Entendo que é igual máis práctico, pero ao final non sei cal das dúas opcións sumaría máis tempo de traballo...Grazas pola aclaración.--Maria zaos (conversa) 12 de abril de 2020 ás 15:26 (UTC)Responder
@Maria zaos: Por unha banda en teoría non debería facer falla se tódolos artigos estivesen apuntando correctamente, pero na práctica é moi difícil que se cumpra, sempre hai erros e olvidos. Como indica HdH, desta forma evítanse ligazóns vermellas e duplicidade de artigos. A maiores axuda nas procuras como tamén indica HdH. A situación ideal na miña opinión é que existan esas redireccións con capitalización alternativa e/ou incorrecta, pero que ningún outro artigo apunte cara elas. Banjo tell me 12 de abril de 2020 ás 17:36 (UTC)Responder
Pois nada, moitas grazas polas aclaracións!   @HombreDHojalata:@Banjo:.--Maria zaos (conversa) 12 de abril de 2020 ás 17:53 (UTC)Responder
Volver á páxina do proxecto "Redireccións".