Conversa:Variedade (bioloxía)

Untitled editar

Non vexo claros os motivos para a eliminación desta redireción. A falta de que alguén faga un artigo sobre a "variedade" en bioloxía, (non noutros campos, como xa temos na wikipedia,ex;Variedade diafásica) o concepto de variedade algúns o definen como a categoría taxonómica comprendida entre a especie e a raza o cal encaixa co concepto de subespecie. Teño entendido que a variedade emprégase máis en botánica que en zooloxía pero creo que a falta de máis datos o dalgunha explicación debería manterse esta redireción.--Calrosfking (FÁLAME) 18:17, 22 febreiro 2010 (UTC)

  • Calros, eu creo que ese concepto non encaixa. Se aceptamos que a variedade se pode aquelar entre a especie e a raza, daquela non é o mesmo que subespecie, pois esta estaría por baixo de especie, é dicir máis alonxada da raza, non máis próxima. En fin, que o borrador parece que sei ten sentido. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 18:25, 22 febreiro 2010 (UTC)
  • Atobar, se non lembro mal, a raza está por baixo da especie, é dicir, a subespecie estaría entre elas dúas, co cal o teu comentario non me cadra. A incoherencia está, ao meu entender, en que a variedade é a "categoría taxonómica comprendida entre a especie e a raza o cal encaixa co concepto de subespecie" (copio de Calros), ou sexa, a redirección ten sentido porque falamos de termos entre os que hai unha certa sinonimia. --Xoacas(Góstache o pemento?) 21:34, 22 febreiro 2010 (UTC)
Vou darlle un toque ao usuario:pexego, que destas cousas aínda vai sabendo; a ver se se anima a opinar.--Atobar (conversa comigo) 21:54, 22 febreiro 2010 (UTC)
  • Vou a tratar de clarexar un pouco máis o asunto: Variedade en taxonomía é o taxon inmediatamente inferior a subespecie. Un grupo de individuos que pertence a unha mesma variedade difire dos restantes de igual subespecie por caracteres máis ou menos aparentes pero pouco importantes. Por isto é común en bioloxía falar de subespecies ou variedades como se foran sinónimos aínda que realmente non o son. A cuestión é que, e cito o que dixen nun principio, a falta de que alguén faga un artigo sobre a "variedade" en bioloxía e explique con detalle cal e a diferencia cunha subespecie, non está mal que un usuario que procura información na galipedia do concepto de variedade se lle remita ao concepto de subespecie dado a súa gran proximidade semántica. Se alguén fai ese artigo, esa redireción deixaría de ter sentido. Pescudando noutras wikis atopei que algunhas teñen estes dous conceptos ligados [1]. Por outra banda, penso que esta discusión xa dura de máis para algo realmente tan pequeno así que si realmente alguén non o ve por min pode borrala sen problemas. --Calrosfking (FÁLAME) 09:13, 23 febreiro 2010 (UTC)

(Bioloxía) vs. (bioloxía) editar

Só quería sinalar que temos artigos coma este que empregan as maiúsculas e outros como Especie (bioloxía) que optan pola minúsculas. Persoalmente son partidario da segunda opción (é dicir, que habería que mover este artigo); non obstante, a preferencia persoal non ten por que ser a normativa. A miúdo vense os nomes das ciencias coa inicial maiúscula, pero non sei se é así por normativa. En calquera caso, cómpre unificar criterios. Alguén bota unha man neste asunto? --Toliño Fala aquí comigo 17:11, 24 de xuño de 2011 (UTC)

Creo que xa se falara, e a tendencia e poñer a minúscula; aínda que se abusa das maiúsculas, a normativa non di que os nomes das ciencias teñan que levala. Tamén son partidario de mover o título. --Estevo(aei)pa o que queiras... 19:50, 24 de xuño de 2011 (UTC)
Volver á páxina "Variedade (bioloxía)".