Conversa:Uropodio

Último comentário: hai 4 anos de InternetArchiveBot no tópico Problemas ó arquivar ligazóns no artigo (setembro 2019)

Urópodo editar

Xoio, perdoa por molestar outra vez, mais podes achegar a referencia para urópodo? Igualmente creo que a referencia con maior peso na xerarquía dos nomes dos artigos tena o DRAG, polo que o título ten que ser uropodio. Saúdos.--Isili0n (conversa) 1 de abril de 2017 ás 19:46 (UTC)Responder

Nada que perdoar. Tes razón, Isili0n. O dicionario da RAG rexistra o termo uropodio, e non urópodo. Por certo, en contra doutros termos do Vocabulario Científico Internacional que utilizan como segundo elemento -podo, tirado do grego antigo οὐρά ourá, "cola" (de animal), e πούς, ποδός poús, podós, "pé", "perna", "pata", como, por exemplo, en branquiópodos, filópodos, paurópodos e pseudópodo. Xa comuniquei á Academia esta anomalía pero, mentres non resolva, podes cambiar o tíutulo (eu non podo, ademais de que para min é o termo correcto). Un cordial saúdo. --XoioÉche o que hai 2 de abril de 2017 ás 12:40 (UTC)Responder
  Feito! Xoio, Isili0n. Un saúdo, --RubenWGA (conversa) 2 de abril de 2017 ás 12:50 (UTC).Responder
Non sei se é cousa túa (ou de RubenWGA) o modelo cómpre referencia. Pero podes ver que si a hai, no Diciornario de lingua de Ir Indo, que é unha fonte fiábel para a Galipedia. --XoioÉche o que hai 2 de abril de 2017 ás 13:07 (UTC)Responder
Boas Xoio. Síntoo, non me din de conta e ademais coido que estaba mal colocada. Grazas por avisar. Un saúdo, --RubenWGA (conversa) 2 de abril de 2017 ás 13:17 (UTC).Responder

Problemas ó arquivar ligazóns no artigo (setembro 2019) editar

Ola. Durante o proceso de arquivado déronse erros para unha ou máis ligazóns enviadas para o seu arquivo. Abaixo inclúense as ligazóns que tiveron un problema coa seguinte mensaxe de erro.

Esta será a única notificación en relación a estas ligazóns e non se farán máis intentos de arquivar estas ligazóns.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 19 de setembro de 2019 ás 04:29 (UTC)Responder

Volver á páxina "Uropodio".