Conversa:Troita

Último comentário: hai 9 anos de Miguelferig no tópico Untitled

Untitled editar

Temos este artigo, que semella referirse á troita común polo que se di, aínda que non se pode asegurar. Como grupo zoolóxico tampouco me queda claro. A cousa complícase cando vexo que temos outro artigo troita común -ó cal non liga este- , polo que non sei se non haberá duplicidade. Botádelle un vistazo a ver se hai ou non diferenzas. Pedro --Lameiro (conversa) 20:57, 20 de maio de 2010 (UTC)

  • Eu fun o creador do artigo troita común, para diferenzar a troita autóctona de Galicia das troitas en xeral.--Hugo22 21:20, 20 de maio de 2010 (UTC)
    • Non cuestionei o artigo troita común senón a deste artigo (sen apelido). ¿Cal pretende ser ou qué pretende englobar? Por aí ía a miña pregunta. Pedro --Lameiro (conversa) 22:07, 20 de maio de 2010 (UTC)
      • Segundo a miña modesta opinión, en Galicia distinguimos moi ben entre a troita, habitante dos ríos (e lagos), que é Salmo trutta fario, do reo, peixe mariño que remonta os ríos (como fai o salmón) e que é Salmo trutta trutta, ambas as dúas subespecies (ou formas, segundo os autores) de Salmo trutta. Creo que habería que clarificar isto, para o que, de momento, reeditei o artigo troita (que é, para nós, a verdadeira troita común), ampliándoo e dándolle a volta por completo. Ver troita e reo no dicionario da RAG.
        Penso que os problemas derivan das equívocas interpretacións que se fan nas wikis en varios idiomas (especialmente na en castelán), pero non na en italiano, na que me inspirei. --XoioÉche o que hai 31 de agosto de 2014 ás 00:30 (UTC)Responder

Á vista de como van quedando os artigos Troita, Reo (peixe) e Troita común, penso que quizais debarían revisarse is títulos dos tres, e as ligazóns. --XoioÉche o que hai 31 de agosto de 2014 ás 19:34 (UTC)Responder

Parece que hai tres páxinas feitas: unha sobre Salmo trutta fario (co nome de páxina troita), outra sobre Salmo trutta trutta (co nome reo (peixe)) e outra sobre Salmo trutta (co nome de páxina troita común). Na miña opinión habería que cambiarlle o nome á terceira desas páxinas, xa que troita común non ten sentido porque esa sería Salmo trutta fario, que xa ten a súa páxina específica, e porque as Salmo trutta que hai en Galicia non son só as troitas, senón tamén os reos, polo que o nome (no estado actual da Galipedia) non é o máis axeitado. Ademais, hai polo menos outra subespecie máis (non galega) segundo o World Register of Marine Species. Para min esta é unha das páxinas onde compriría utilizar o nome científico Salmo trutta como nome de páxina. As outras dúas páxinas deixaríaas co nome que teñen.--Miguelferig (conversa) 1 de setembro de 2014 ás 19:39 (UTC)Responder
Eu son tamén da mesma opinión, cambiarlle o nome á páxina Troita común polo científico, Salmo trutta porque, evidentemente, para os galegos a troita común é a subespecie Salmo trutta fario (incluso Lahuerta e Vázquez, no seu Vocabulario dan este nome cono sinónimo de "troita", que é o que usamos todos, e o que presribe a RAG); para iso habería que eliminar a redirección de Salmo trutta (que agora vai para Troita común). Tamén habería que eliminar a redirección Reo cara a esta páxina (xa estaba feita cando comecei eu a editala; cambieille a taxonomía e introducín bibliografia, deixando o demais como estaba —que habería que mellorar algo—) e, de paso, cambiarlle o título à páxina Reo (peixe) polo de Reo. Pero, naturalmente, eu non podo tocar os nomes das páxinas. --XoioÉche o que hai 2 de setembro de 2014 ás 08:25 (UTC)Responder
Si que podes cambiar os nomes. Na páxina troita común tes que entrar no menú da páxina en "Mover" (que está en "Máis/Mover", á dereita de "Ver o historial"). Despois sae un cadro de datos para poñer o nome novo e pide unha razón breve pola cal se fixo o cambio, e xa queda o nome cambiado, e automaticamente queda unha redirección do nome vello "troita común" ao nome novo "Salmo trutta". Despois tes que revisar as redirecións cara a esa páxina e cambialas na páxina co nome cambiado; para iso entras en Páxinas que ligan con esta (na columna vertical de menús da páxina, na sección Ferramentas), e nas que diga redirección premes en ligazóns; saírá a páxina e premes en Editar a fonte e sairá unha liña coa redirección, onde tes que cambiar o nome da páxina entre corchetes pola redirección nova que queiras facer.--Miguelferig (conversa) 4 de setembro de 2014 ás 08:04 (UTC)Responder

Vexo que xa se cambiou o nome da páxina Troita común a Salmo trutta. Eu cambiei redireccións que ían a troita común para que fosen ás páxinas específicas Troita e Reo (peixe). Pero vexo que alguén debeu facer algo máis porque a páxina reo aparece co nome Conversa:Reo e hai bastante lío coas redireccións Reo e Reo (peixe). Intentei ver se podía arranxar algo, pero non fun quen. Parece que a cousa é complicada. Penso que o ideal sería que a páxina sobre o reo se chamase Reo, e que Reo (peixe) pasase a ser unha redirección cara a Reo.--Miguelferig (conversa) 6 de setembro de 2014 ás 20:48 (UTC)Responder

Parece que xa todo funciona ben. O único é que "Troita común" en vez de redirixir a "Salmo trutta" igual tiña que redirixir a "Troita".--Miguelferig (conversa) 7 de setembro de 2014 ás 16:32 (UTC)Responder
Volver á páxina "Troita".