Conversa:Trastorno por déficit de atención con hiperactividade

Último comentário: hai 5 anos de InternetArchiveBot no tópico Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)

Untitled editar

Hola, teño apenas experiencia na wikipedia polo que preciso axuda para as tarefas pendentes: fusión do artigo 'TDAH' con 'Trastorno por Déficit..."; non sei onde debo incluír a cita este artigo contén material procedente do artigo da Wikipedia en inglés: en:Attention-deficit hyperactivity disorder, non sei moi ben en qué consiste wikificar... Agradezo axuda nestas tarefas. Aveleiro 22:48, 14 de agosto de 2010 (UTC)

Nos recadros que encabezan o artigo, nos que se advirte de que cómpre facer todas esas correccións, hai unha serie de ligazóns que te levan a páxinas de axuda nas que se explica o que preguntas. Sobre indicar que este artigo contén material procedente do artigo da Wikipedia en inglés, iso normalmente faise na caixa de resumo na mesma edición na que se incorpore o material traducido, coido que con deixar constancia nesta mesma páxina de conversa será suficiente. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:56, 14 de agosto de 2010 (UTC)


Como dixo Xoacas, na Galipedia, cando os artigos proceden de traducións doutras wikis, o habitual é citalo no cadro que sae ó final da páxina cando se edita, o cadro "Resumo:'", exemplo:

 

Ou, alternativamente, na páxina de conversa do propio artigo, é dicir, aquí:

Este artigo contén material procedente do artigo da Wikipedia en inglés Attention Deficit/Hyperactivity Disorder

(non soemos poñelo no artigo propiamente dito).

En canto a poñer ligazóns internas, poño un exemplo: [1].

E, por último, para fusionar hai que levar todo o contido dos artigos de orixe cara ó artigo que vai quedar, neste caso cara a: "Trastorno do déficit de atención con hiperactividade". E despois ten que intervir un administrador para fusionar os historiais. Cando sexa preciso, pode solicitarse a colaboración do administrador en: Wikipedia:Taboleiro dos administradores.

--. HombreDHojalata.conversa 10:08, 15 de agosto de 2010 (UTC)

Gracias polos traballos feitos.Aveleiro 19:22, 16 de agosto de 2010 (UTC)

Creo que non é correcta a inclusión do apartado 'Outros Factores' dentro do capítulo de 'Causas' do TDAH. Ningún estudio publicado ten establecido unha relación causal entre TDAH e elementos da dieta. A relación atopada cos colorantes sinalados refírese a que a súa inxesta incrementa a hiperactividade (da mesma maneira que a cafeína quita o sono). Os resultados nos que se basa o regulamento proceden do estudo: McCann, D. et al. (2007). Food additives and hyperactive behaviour in 3-year-old and 8/9-year-old children in the community: a randomised, double-blinded, placebo-controlled trial. The Lancet, 370, 1560-1567. DOI: 10.1016/S0140-6736(07)61306-3; e non respaldan as afirmacións causais. Nin siquera respaldan unha eliminación radical dos mesmos da dieta infantil:

Research funded by the FSA has suggested that consumption of mixes of certain artificial food colours and the preservative sodium benzoate could be linked to increased hyperactivity in children. It is important to remember that hyperactivity is also associated with many other factors in addition to certain additives, so dietary advice is part of the management not the total solution. Other factors include premature birth, genetics and upbringing. If on the basis of this information you have concerns you might choose to avoid giving your child food and drinks containing the following artificial colours(Revised FSA advice to parents regarding food colours and hyperactivity)

These analyses confirmed the reported findings that the two different mixtures of synthetic colours and sodium benzoate tested had a small and statistically significant effect on activity and attention in children selected from the general population, although the effects were not statistically significant for the two mixtures in both age groups. The statistical reanalysis conducted by EFSA resulted in some minor differences, but overall would not alter the conclusions of the Committee on Toxicity (COT). Like the COT, the EFSA Panel was unable to draw conclusions on the implications of the observed changes at the population level. The EFSA Panel also agreed with the COT that it was not possible to attribute causality to the association nor could the observed effects be ascribed to any of the individual compounds. The EFSA Panel concluded that the findings of the study cannot bbe used as a basis for altering the Acceptable Daily Intake (ADI) of the respective food colours or sodium benzoate. This was based on the overall weight of evidence and in view of the considerable uncertainties, such as the lack of consistency and relative weakness of the effect and the absence of information on the clinical significance of the behavioural changes observed. The COT did not comment on whether the results could be used in reviewing the ADI as the purpose of its evaluation differed from that of EFSA. Aveleiro 12:16, 23 de agosto de 2010 (UTC)

Non afirmo que os colorantes sexan a causa da hiperactividade infantil, pero resulta obvio que se aprecia algunha relación desde o momento en que se obriga a esa advertencia na etiquetaxe. Iso é o único que digo no artigo, e referencias de tal apreciación hainas abondo. Evidentemente, cos coñecementos actuais supoño que non se pode chegar máis aló: non se pode prohibi-lo uso destes colorantes (aínda que todo se andará, e a propia industria está substituíndoos), nin se pode obvia-la advertencia, por mor do principio de precaución. Ben que lamento que o meu nivel de inglés me impida entender esa cita, que parece interesante. Pedro --Lameiro (conversa) 12:37, 23 de agosto de 2010 (UTC)

Lameiro, o caso é que o apartado 'Outros Factores' colocáchelo dentro das 'Causas' do TDAH. Se non afirmas que os colorantes sexan causa do TDAH, non debe figurar en 'Causas'. Se ademais o tema é controvertido, quizais estea mellor en 'Controversias'. O texto é inglés son uns fragmentos do 'Estudo Southampton' e da advertencia da FSA aos pais, respecto aos colorantes. Esta sinala que o estudo Southampton (que é o única investigación seria ata o momento que atopou unha relación fiable entre os colorantes e o grao de hiperactividade infantil) suxire que certos colorantes artificiais [...] poderían estar vencellandos a un incremento da hiperactividade nos nenos. No parágrafo anterior deste documento sinala a diferenza entre hiperactividade infantil en xeral e TDAH. En ningún momento, o estudio nin a FSA vencellan TDAH e aditivos, e menos establecen vencello causal.

O panel da FSA concluiu que os resultados do estudo non poden ser empregados como base para alterar a Dose Diaria Aceptable (ADI) dos respectivos colorantes e do benzoato sódico. Isto baseándose no peso das probas e en vista das considerables incertidumes, como a falta de consistencia e a relativa febleza do efecto, e a ausencia de información da significación clínica dos cambios condutuais observados. Aveleiro 18:13, 23 de agosto de 2010 (UTC):

Resumindo: se o Trastorno do déficit de atención con hiperactividade que describe este artigo non ten que ver coa hiperactividade infantil coa que parece estar relacionado o consumo de colorantes, borra sen problemas a sección de "Outros factores". Pero se unha patoloxía comprende a outra, ou se TDAH é unha forma máis técnica ou completa de denominar esoutro concepto, máis xenérico, de hiperactividade, entón sigo sostendo que entre as causas -posibles, probables, concausas, predispoñentes, coadxuvantes etc.- está o consumo de doses excesivas de colorantes, segundo referencias fiables (que están confrontadas a outras referencias igualmente fiables que non atopan correspondencia). Neste segundo caso creo que cómpre mante-la mención ós colorantes, con tódalas controversias que queiras; ou mesmo fóra da sección "causas", non importa. De ser certo este segundo caso (e ti e-lo máis indicado para dicilo, xa que controlas ben o tema), redáctao como vexas máis acertado. Non teño interese en demoniza-los colorantes (ós que lles teño moita manía) pero insisto: o feito de esixir esa indicación na etiquetaxe implica, necesariamente, unha correlación, un factor que o consumidor debe evitar. Non existirán evidencias, nin datos que motiven unha prohibición ou unha redución da IDA, pero los indicios deben se-los suficientes para esixir (non recomendar) esa cautela na etiqueta. Pola miña banda, deixo nas túas mans, con total confianza, os cambios na redacción que estimes necesarios para que o artigo se adecúe ós coñecementos actuais e contrastados. Grazas pola túa preocupación pola veracidade e pola forma na que levaches esta discusión. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 15:30, 24 de agosto de 2010 (UTC)

Non sei como o veredes vós, pero eu creo que, a base de polemizar, o artigo foi quedando máis que aceptable, sobresaínte. Meus parabéns aos científicos. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:27, 25 de agosto de 2010 (UTC)
Aveleiro: paréceme perfecta a estrutura e redacción que lle deches ó artigo no tema dos colorantes. Só unha observación nunha frase anterior: cando falas de deficiencias no Ferro, Magnesio, Zinc, Megavitaminas ou Ácidos Grasos Esenciais sácalle as maiúsculas, que aquí son innecesarias. Noraboa polo artigo. Pedro --Lameiro (conversa) 14:11, 26 de agosto de 2010 (UTC)

TDAH na pedagoxía editar

Considero oportuno crear un apartado sobre o TDAH na pedagoxía, concretamente como necesidade educativa especial. --Estevo(aei)pa o que queiras... 22:18, 26 de agosto de 2010 (UTC)

O problema é que, ata onde eu coñezo, desde a pedagoxía tense prestado pouca atencion ao TDAH. O campo das intervencións escolares por suposto existe, mais as súas aportacións proceden xeralmente da psicoloxía. Eu, quizais proporía un apartado cun título como Intervención Educativa, dentro do apartado Tratamento. Aveleiro 08:45, 27 de agosto de 2010 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Trastorno por déficit de atención con hiperactividade. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 7 de setembro de 2018 ás 23:55 (UTC)Responder

Volver á páxina "Trastorno por déficit de atención con hiperactividade".