Conversa:Manuel García Diéguez

Último comentário: hai 3 anos de Xas no tópico García Diéguez, médico?

García Diéguez, médico? editar

Bos días. Na nova redacción que fixen deste artigo retirei unha das afirmacións que incluí na súa primeira escritura, isto é: que Manuel García Diéguez foi médico-director do chamado Balneario de Vilaza ou de Requeixo (Aguas de Vilaza, en Monterrei). Estaba baseado nunha nova recollida por dous xornais na mesma data, o 15 de xuño de 1905, no El Correo de Galicia e no La Correspondencia Gallega. O texto para os dous é o mesmo:

Ha sido nombrado médico director del balneario de Villaza D. Manuel García Diéguez.

Deste Manuel García Diéguez médico non hai nunca outra referencia xornalística, o que é moi estraño. Tampouco encaixa co perfil do militar. Ademais, no blog Diario dun médico de guarda afírmase que o único médico que tivo este fugaz balneario foi Juan Manuel Espada Montaos. É todo moi raro e, por precaución, decidín retirar o antedito, a falla de atopar máis probas. --Castelao (conversa) 5 de maio de 2020 ás 09:23 (UTC)Responder

Con motivo do primeiro aniversario da súa morte, La Noche publicou o 27 de agosto de 1963, p. 8, unha Necrología[1] na que se afirma: "Estaba en posesión de la Licenciatura de Medicina". Xas (conversa) 5 de maio de 2020 ás 09:54 (UTC)Responder
Volver á páxina "Manuel García Diéguez".