Conversa:José Muíño Domínguez

Untitled editar

Retirei un texto que daba como referencia "http://genteconconciencia.es/blog". En principio, un blog non é referencia para unha enciclopedia. --. HombreDHojalata.conversa 17:44, 11 de xuño de 2012 (UTC)

  • Ben feito, HombreDHojalata, e perdón polo meu erro ao non retirala antes. Debín de ler mal, porque estaba convencido de que as dúas referencias viñan de Praza Pública. Por outra banda, polo que estou lendo na rede, esa decisión do alcalde parece que conta coa oposición da veciñanza (referenciado en Praza) e penso que é relevante abondo como para facer mención, pois é un tema bastante serio. Que tal se engadimos a frase: Unha compañía mineira de orixe canadense, Edgewater Exploration Ltd., interesouse pola explotación dunha canteira de ouro na parroquia de Corcoesto, o cal para o alcalde Muíño representaba unha boa nova en tanto que xeradora de emprego no municipio (segundo as fontes deste, ao pé de 100 postos de traballo)[1]; non obstante, o prace expresado polo rexedor popular foi contestado amplamente pola veciñanza, argüíndo un tremendo impacto medioambiental[2]."? Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 18:17, 11 de xuño de 2012 (UTC)
Pois... o tema de Corcoesto... mellor no artigo de Corcoesto, non? Sempre dende o punto de vista dun artigo dunha enciclopedia, que non vamos a entrar aquí en acontecementos futuros, vontades políticas, reivindicacións veciñais etc, ... ... ... que, por importantes que sexan, Galipedia non é o lugar máis axeitado. --. HombreDHojalata.conversa 19:44, 11 de xuño de 2012 (UTC)
Vexo que xa aquelaches a referencia no artigo correspondente. Grazas e un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 20:57, 11 de xuño de 2012 (UTC)
Volver á páxina "José Muíño Domínguez".