Conversa:Illa de Tambo

Último comentário: hai 2 anos de Xabier Cid no tópico Marín ou Poio?

Untitled editar

Deberiase engadir este artigo a categoria illas de España, --Carronada 23:15, 3 xuño 2008 (UTC)

  • E Tenlo, onde esta o faro, ¿non se considera unha illa a parte?--Carronada 23:26, 3 xuño 2008 (UTC)
  • A illa todavia é considerada territorio militar, polo tanto o concello de Poio non ten xurisdicción nela.--Carronada 20:03, 7 xaneiro 2009 (UTC)

Máis información editar

Traballando no artigo do Parque Nacional das Illas Atlánticas simplifiquei o texto e reducín a información que había alí destas illas. Copio ese orixinal aquí por se hai algunha información que se poida integrar neste artigo.

"Illa de Tambo: Atópase no medio da Ría de Pontevedra, xa na súa parte final, fronte á vila de Marín aínda que pertence ao concello de Poio. Ten unha superficie de 28 hectáreas e alcanza os 80 metros de altitude. A illa ten unha forma ovalada e ten unha típica forma piramidal completamente cuberta de árbores, especialmente eucaliptos. Polo sur ten unha pequena península que semella case unha illa vista dende terra e que conta cun vello faro. Tambo conta con dúas praias unidas na parte norte da illa e con tres pequenos embarcadoiros."

—o anterior comentario sen asinar foi feito por Mgl.branco (conversacontribucións) 11 de xaneiro de 2020

Marín ou Poio? editar

@Xabier Cid:

Cando dis no resumo de edición "Todas as fontes consultadas din que pertence a Poio"", a que fontes te refires?

Eu consultei a cartografía oficial da Xunta ( https://mapas.xunta.es/visores/basico/ ) onde aparece que pertence a Marín. --. HombreDHojalata.conversa 31 de agosto de 2021 ás 10:54 (UTC)Responder

Ola, HombreDHojalata. É moi interesante o que sinalas. Eu atopara onte:

  • esta nova onde se menciona o papel que ten o concello de Poio nos usos da illa.
  • a web do concello de Poio, onde figura un mapa que inclúe a illa de Tambo de maneira inequívoca.
  • ningunha referencia na web turística de Marín.
  • esta web turística da mancomunidade de concellos de Pontevedra, que di que "pertence administrativamente ao concello de Poio.
  • e máis referencias de empresas turísticas e demais que mencionan iso, como esta, que explica que a illa pertence a Poio pero que o seu acceso está controlado pola Escola Naval Militar de Marín.

Eu case diría que é un erro do mapa da Xunta (da capa de división municipal), pero só se me ocorre preguntarlles directamente a eles. Ti viches máis fontes que o ligasen a Marín? --Xabier Cid Talk 2 me, please 31 de agosto de 2021 ás 12:04 (UTC)Responder

Acabo de escribirlle un chío á Xunta (non atopei o correo) para saber se é erro do mapa ou erro de todo o demais. A ver que nos contan, se nos contan. --Xabier Cid Talk 2 me, please 31 de agosto de 2021 ás 12:21 (UTC)Responder

O da cartografía no é un erro. É intencionado. Se seleccionas o mapa base vectorial en, por exemplo, escala 1:18.056, verás que unha lenda, en letra grosa, ocupa toda a illa: "Marín (Santa María do Porto)" (non so indica á pertenza ao concello, tamén á parroquia).

Por outra banda o artigo da GEG en DVD remata dicindo: "Hoxe Tambo está baixo a xurisdición do concello de Poio, que a declarou espazo natural protexido".

O mini-artigo da DS21 non especifica á pertenza a ningún concello.

Os artigos da EGU e do DEGU tampouco, e, a maiores, inclúen información incorrecta: "incluída no Parque Nacional das Illas Atlánticas" e "En 2003 incorporouse ó Parque Nacional das Illas Atlánticas".

O porqué, de que a cartografía http://mapas.xunta.gal/visores/descargas/ poña que pertence a Marín e tódalas demais fontes digan que a Poio, écheme un misterio  . --. HombreDHojalata.conversa 31 de agosto de 2021 ás 21:54 (UTC)Responder

Si, HombreDHojalata, non me refería a que fose un erro de despiste, senón a un erro de execución. A ver o que me din na Xunta, se me din. --Xabier Cid Talk 2 me, please 1 de setembro de 2021 ás 05:49 (UTC)Responder
Volver á páxina "Illa de Tambo".