Conversa:Garda Civil

Engadir conversa
Discussões ativas

¿Pero quen chama Benemérita á garda civil? Lagartos, picoletos... --Nemigo (conversa) Bandeira galega civil.svg Bandera de la II República Española.PNG 21:33, 26 de xuño de 2012 (UTC)

UntitledEditar

Velaquí a referencia do termo Benemérita como sinónimo da Garda civil segundo a RAG. --Estevo(aei)pa o que queiras... 24 de agosto de 2013 ás 23:25 (UTC)
Vai un ano o texto do artigo era: popularmente denominada 'Benemérita' o que se preguntaba era: quen chama popularmente Benemérita á garda civil. O texto que hai hoxe é outro.

Estou farto de ler "Garda" civil.... DISE GUARDA POR DEUS. Castelán: Guarda. Galego: Garda Castelán: Guardia. Galego: Guarda

"El ayuntamiento de La Guardia" en galego dise concello de A Guarda. Correxídeo por favor... —o anterior comentario sen asinar foi feito por 77.27.193.174 (conversacontribucións) 25 de agosto de 2012 á 01:19

Velaquí a referencia do nome Garda civil segundo a RAG. --Estevo(aei)pa o que queiras... 24 de agosto de 2013 ás 23:23 (UTC)
Pois a propia Academia Galega entra logo en contradición coas súas propias normas, xa que nas Normas dise literalmente que irán en maiúsculas "... todos os substantivos e adxectivos dos nomes de institucións, organismos, empresas e outras entidades formalmente constituídas", como é o caso do que se trata neste artigo, e deixa que se entre en dúbidas co resto dos organismos, xa que como imos saber cales son as excepcións (no caso que Garda civil sexa unha excepción e non unha simple contradición das normas), en francés os organismos e institucións non van con maiúsculas, entón como deberiamos titular os organismos franceses: ao xeito francés xa que a propia Academia amosa que hai excepcións ou segundos as Normas (onde non se mencionan as excepcións)--Sernostri (conversa) 26 de agosto de 2013 ás 09:39 (UTC)
Despois de escribir o parágrafo de arriba, deume por mirar en cuartel e resulta que no exemplo e na propia definición figura Garda Civil, así con maiúsculas: [1]; en casa pasa o mesmo (abaixo en casa cuartel [2]. Non sería posible enviar un correo á Academia para que aclaren cal é a forma correcta?--Sernostri (conversa) 26 de agosto de 2013 ás 09:50 (UTC)
A suxestión dun usuario enviei eu mesmo unha pregunta á Academia, pero entendo que estamos en agosto e supoño que tardarán un tempo en contestar.--Sernostri (conversa) 26 de agosto de 2013 ás 11:05 (UTC)

Resposta do Seminario de Lexicografía da RAGEditar

Texto da resposta:"Como nos fai notar na súa suxestión, dáse unha contradición entre a observación incluída na entrada ‘garda’ e as indicacións recollidas no punto 4 das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, polo que procederemos a harmonizar a información e, de acordo con iso, corrixiranse os usos no texto das definicións e dos exemplos." Agora só hai que esperar a que muden a información no dicionario.--Sernostri (conversa) 5 de setembro de 2013 ás 19:37 (UTC)

Pasaron un meses e segue o mesmo, en maiúsculas en cuartel, carabineiro ou número e en minúsculas garda. Que facemos agora, esperamos ou seguindo esas deficións e as propias NOMIG mudamos a páxina . Penso que esta última decisión sería a mellor.--Sernostri (conversa) 2 de maio de 2014 ás 14:59 (UTC)
Eu entendo que querían dicir que ían cambiar definición e exemplo de uso en Garda Civil para harmonizalo coas Normas e, polo tanto, ben podiamos adiantarnos a que se formalice esa corrección. Claro que só é unha interpretación miña da expresión "correxiranse os usos" ... "na entrada garda". Pedro --Lameiro (conversa) 2 de maio de 2014 ás 16:32 (UTC)
Eu entendo que as Normas teñen prevalencia sobre un exemplo do dicionario. E, por concordancia co resto de institucións, deberíamos levar o artigo a Garda Civil. Qué pensas, Lameiro? --Norrin (Fálame) 21 de maio de 2014 ás 13:01 (UTC)
Si, si: o título do artigo debería ser Garda Civil, con maiúsculas. Pedro --Lameiro (conversa) 21 de maio de 2014 ás 19:38 (UTC)

InstituciónEditar

Creo que hai un erro de concepto, o DRAG non trae definicións de nomes propios, como non adoitan traelas os dicionarios, a definición de Garda civil é cando se utiliza como un nome común, do mesmo xeito que o DRAG non define xunta como a institución galega. Pero para designar unha insitución é con maiúsculas tal como establecen as NOMIG. No artigo fálase dunha institución legalmente constituída, e polo tanto como establecen as NOMIG ten que ser Garda Civl.--HacheDous=0 (conversa) 30 de setembro de 2016 ás 20:03 (UTC)
Eu penso que na primeira acepción de Garda civil, e no exemplo que pon nesta, si que se refire á institución, igual que o fai con Ministerio de Gobernación ou Tribunal Supremo. A verdade é que me parece un pouco raro que non se mantivese a maiúscula no adxectivo civil, mais iso teriamos que remitilo ao Seminario de Lexicografía da RAG e saber o motivo desta irregularidade. Igualmente, a discordancia coas NOMIG non me parece tan estraño, sendo estas do ano 2003 mentres que o dicionario está en continuo cambio.--Isili0n (conversa) 30 de setembro de 2016 ás 20:22 (UTC)
Malia todo as NOMIG son sagradas, nin a RAG pode ir contra elas sen cambialas, o que alí se establece non prescribe cos anos.--HacheDous=0 (conversa) 30 de setembro de 2016 ás 20:23 (UTC)
A única explicación para permitir Garda civl no artigo sería que a Garda Civl non fora unha institución legalmente constituída--HacheDous=0 (conversa) 30 de setembro de 2016 ás 20:25 (UTC)
Cando o propio dicionario dá como sinónimo de Garda civil "a Benemérita", xa dá por feito que non falamos dunha institución. A Benemérita non é o nome de institución ningunha legalmente constituída. De falar de institucións Garda Civl non podería ser sinónimo da Benemérita.--HacheDous=0 (conversa) 30 de setembro de 2016 ás 20:42 (UTC)
Volver á páxina "Garda Civil".