Conversa:Folosa de Basora
Último comentário: hai 4 anos de Elisardojm no tópico Nome común sen referencias
Nome común sen referencias
editarNon atopo ningunha referencia para este nome común, pola contra, si hai referencia para o de fulepa de Basora, está na Guía de aves de Galicia, polo que penso que o mellor é movelo. Que vos parece Lameiro, Xoio e Miguelferig? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 31 de xullo de 2019 ás 23:13 (UTC)
- Non son partidario de cambialo. O nome fulepa só aparece na guía de Penas Patiño, é dicir, non o recolle o DRAG nin outros dicionarios, mentres que folosa aparece no DRAG (ver Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para folosa.) e no Digalego (ver folosa), onde dan o nome de múltiples folosas. Parece que o nome para estes paxaros sílvidos que vai quedar é folosa e non fulepa. Esta especie é unha ave accidental moi rara en Galicia, por iso non se recolle na lista de Conde Teira (que lle chama a todas as outras aves "galegas" dese xénero folosas), nin tampouco no Digalego que menciona 8 especies de sílvidos co nome folosa (e os seus correspondestes "apelidos"), mencionando precisamente o xénero Acrocephalus, ao que pertence a especie, e outros xéneros de sílvidos similares. Por outra parte, segundo as wikipedias francesa e galega (na páxina folosa grande), taxonomicamente esta especie é resultado da separación como especie propia dunha antiga subespecie que pertencía á folosa grande (Acrocephalus arundinaceus), da que si hai referencias co nome folosa. Por tanto, trátase da ascensión á categoría de especie dunha folosa (ou fulepa como lle chama Penas e só el). Aquí pasa algo parecido ao que ocorre cando a referencia que hai do nome di que un páxaro se chama mobella e o DRAG di que se chama movella, ou cando a referencia chámalle á ave escribenta e o DRAG di que se chama escribente ou escribidora, pero non acepta escribenta, ou cando a referencia usa o adxectivo norteño, que o DRAG non acepta ; pois neste caso que nos ocupa o que se acepta é folosa. --Miguelferig (conversa) 1 de agosto de 2019 ás 11:12 (UTC)
- Eu tampouco son partidario do cambio, tendo en conta as seguintes razóns:
- O dicionario da RAG dá, para folosa, a seguinte definición: "Paxaro de pequeno tamaño da familia dos sílvidos, insectívoro, coa plumaxe de cor verde oliva e do que existen varias especies". É dicir, recoñece que hai vaias especies (outra cousa é se pertencen á familia dos sílvidos ou á dos acrocefálidios, como recoñecen as modernas clasificacións). Por outra parte, non rexistra a voz fulepa.
- Na Lista das aves de Galicia, meritísimo traballo de Miguelferig, figura como folosa de Basora, aínda que indicando que cómpre referencia.
- No traballo do biólogo, membro da Sociedad Española de Ornitología (SEO), Miguel Ángel Conde Teira (1999): "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada". A Coruña: Chiogossa, 1: 121-138., dá, para todas as especies do xénero Acrocephalus (e tamén para as de Hippolais), o nome de folosa.
- Por outra parte (e non quero meterme en intimidades de reunións promovidas por Antón Santamarina e nas que participei hai tempo), son coñecidas as discrepancias entre Penas Patiño e Conde Teira.
- En canto ao epíteto de de Basora, cómpre ter en conta o que se di na introdución das NOMIG (edicións de 1992 a 1995): "as escollas normativas deben ser harmónicas coas das outras linguas, especialmente coas romances en xearal e coa portuguesa en particular...". E temos, en castelán, carricero de Basora, e en italiano, cannaccione di Basora.
- Polo tanto, tendo en conta todo o anterior, na miña opinión o adecuado para a Galipedia é manter o nome de folosa e Basora.
- Nota: Unha pregunta, Elisardojm, en que Guía de aves de Galicia viches esa fulepa de Basora? Xoio 1 de agosto de 2019 ás 20:19 (UTC)
- Unha pequena aclaración. Na Lista de aves de Galicia que eu e mais Elisarjdom reformamos e ampliamos, xa estaba ese nome. Eu fun poñendo referencias en cada un dos nomes (e outros traballos máis), e onde non atopei referencias puxen o cómpre referencia. Simplemente quería indicar que o nome non o inventei eu ; xa estaba. Por último, a Guía das aves de Galicia é a de Penas Patiño.--Miguelferig (conversa) 1 de agosto de 2019 ás 20:36 (UTC)
- Si Xoio, ten o nome de fulepa no libro Guía das aves de Galicia de Penas Patiño. Nese libro tódolos paxaros deste tipo en vez de chamarse folosas chámanse todas fulepas.
- Entendo a vosa postura, pero hai algo importante a ter en conta: non hai referencias para o nome folosa de Basora, polo que a Galipedia sería a fonte primaria, cousa que vai en contra da política Wikipedia:A Wikipedia non é unha fonte primaria... Saúdos, Elisardojm (conversa) 1 de agosto de 2019 ás 22:12 (UTC)
- Con relación ao nome común, de acordo Elisardojm e Miguelferig. Debe figurar na segunda edición da Guía de Penas Patiño, de 2004. Eu teño a primeira, de 1991.
E tamén de acordo, Elisardojm, con que a Wikipedia non é unha fonte primaria, polo que cambio o meu primeiro comentario e, segundo os usos da Galipedia, penso que o artigo debería titularse co nome científico, Acrocephalus griseldis, como se fai noutros casos simliares. --XoioÉche o que hai 2 de agosto de 2019 ás 14:05 (UTC)
- Con relación ao nome común, de acordo Elisardojm e Miguelferig. Debe figurar na segunda edición da Guía de Penas Patiño, de 2004. Eu teño a primeira, de 1991.
- Ah, si, Xoio, esquecinme indicar que era esa edición. Por outra banda, temos referencia para o nome "fulepa de Basora"... Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de agosto de 2019 ás 14:32 (UTC)