Conversa:Biotoxina mariña

Último comentário: hai 5 anos de InternetArchiveBot no tópico Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)

Biotoxinas e afloramentos de algas nocivas editar

Unha biotoxina é só un caso de toxina de orixe biolóxico. Primeiro, Cométese o erro de nomear a páxina "biotoxina" e definilas só como "biotoxinas mariñas. Segundo, agora mesmo, este artigo só fala do caso das biotoxinas producidas nun momento de marea vermella onde, ademais, se dan as condicións de produción de toxinas por algas nocivas. Non todas as mareas vermellas xorden da medra de especies nocivas. Como exemplo, as mareas vermellas son un proceso natural típico do cambio sucesional que se produce na comunidade de fitoplancto entre setembro e novembro (durante o paso da estratificación de verán ao afloramento de outono). Mgl.branco (conversa) 14 de agosto de 2016 ás 11:13 (UTC)Responder

Movín a páxina á "biotoxinas mariñas" para ampliar o artigo en base do que xa estaba: blooms de algas nocivas e biotoxinas só de medios mariños. Creei a páxina "toxina" para incluír ao resto de produtos tóxicos liberados por organismos. Entendo que biotoxinas ten que redirixir a "toxina" Mgl.branco (conversa) 12 de setembro de 2016 ás 11:02 (UTC)Responder
Pode ser por deformaci´çon profesional pero só coñezo a denominación de biotoxinas aplicada ás biotoxinas mariñas. Nunca escoitei que a toxina botulínica, por poñer un exemplo, se denominara biotoxina. É certo que, en puridade, biotoxina é unha toxina de orixe biolóxica, pero o uso -ata onde eu sei- vai dirixido só ás biotoxinas mariñas (as dos moluscos, a tetrodotoxina, etc). Pedro --Lameiro (conversa) 12 de setembro de 2016 ás 13:10 (UTC)Responder
Tamén é certo que a maioría das webs que falan disto usan a denominación completa (biotoxinas mariñas), e que o Dicionario de Termos Médicos define biotoxina no seu sentido máis amplo. Pedro --Lameiro (conversa) 12 de setembro de 2016 ás 13:19 (UTC)Responder
Si, e que de feito vexo que na literatura inglesa o termo "biotoxina" é infrecuente, pero si que está asentando o de toxina biolóxica. Mais no castelán, si que que o teño atopado (falo por "biotoxina [mariñas]"). Entendo que é mellor toxina biolóxica para non mesturar o xeito no que un organismo, como humanos, se ve afectado pola toxina: por inxestión de organismos que os producen? por acumulación dunha toxina liberada no medio? etc. Sobre de se só son de ambientes mariños ou non, unha referencia completa que atopei é a de S. Bradberry e A. Vale. Definen "biotoxina" como "velenos que son producidos por ou derivados de organismos biolóxicos [...] A primeira parte deste libro revisará a toxicoloxía de plantas, setas e biotoxinas mariñas [...]" (Véxase Cap 23 Jon G. Ayres et al. Environmental Medicine. CRC Press, Jul 30, 2010). Nese libro describen toxinas de plantas, ie. como as de Hyoscyamus niger, que produce a toxina Hysocinamina. Tamén, inhibidores mitóticos, como os de Prunus domestica que libera prunasina, ou de citotoxinas de setas como as de Amanita verna. Con isto, paréceme máis axeitado definir en cada páxina (ou sección): toxina, toxina biolóxica, toxiñas mariñas etc. Mgl.branco (conversa) 21 de novembro de 2016 ás 19:44 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Biotoxina mariña. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 3 de setembro de 2018 ás 10:49 (UTC)Responder

Volver á páxina "Biotoxina mariña".