Conversa:Biblioteca da Universidade da Coruña

Último comentário: hai 6 anos de Mgl.branco no tópico Untitled

Untitled editar

Bos días, chámame a atención que esta entrada fora realizada prácticamente totalmente polo propio persoal da biblioteca da universidade da Coruña. Non o podo asegurar, xa que a usuaria non creou pánina persoal de conta en Galipedia, pero o nome e apelidos coincide co persoal actual da devandita biblioteca: https://www.udc.es/biblioteca/informacion_xeral/persoal/servizo.html?language=es

En teoría isto vai en contra do seguinte: https://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Punto_de_vista_neutral e https://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Conflito_de_intereses Gostaría que algún dos colaboradores de Galipedia que vexo que corrixiron este artigo en algúns aspectos poidaran contestar ao seguinte: no primeiro Editatón da Galipedia realizado na Biblioteca Intercentros de Lugo (Universidade de Santiago de Compostela) en Colaboración co Servizo de Normalización Lingüística da USC e claro está, os representantes de Galipedia, se nos indicou que ía en contra da filosofía de Wikipedia facermos unha entrada en Galipedia que achegara información sobre a biblioteca (xa que hospedabamos o evento ao fin e ao cabo), ao sermos o persoal da propia biblioteca quen a editaría. Segundo nos comentou Elisardo isto ía en contra deste punto https://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Conflito_de_intereses Dito isto, poderían indicarme a ligazón ao cambio desta política? Desta maneira poderiamos plantexarnos realizar a entrada á nosa biblioteca agora, visto que xa se abriu a porta a esta opción. Estou segura que máis persoal bibliotecario estaría encantado de ter isto claro. (Arriscarse a facer un traballo que pode ser tumbado completamente é un tema)

Moitas grazas! --Maria zaos (conversa) 27 de outubro de 2017 ás 16:03 (UTC)Responder

  • Ola, Maria zaos. A política respecto ao conflito de intereses segue a ser a mesma. Tela aquí. Neste caso concreto, tal e como eu o vexo, hai cousas a favor e en contra de manter o artigo, e en todo caso, unha vez reformado, o seu interese enciclopédico é real. Por outra banda, cito unha frase que extraio directamente da política e que considero reveladora en canto a como actuar: En caso de que alguén escriba un artigo sobre un tema no que estea involucrado persoalmente, cómpre que teña en conta aterse ao ton neutral e citar fontes publicadas acreditadas e independentes, e engado que non hai prohibición senón que se desaconsella editar. Normalmente, cando se decide borrar un artigo non é tanto pola implicación directa do editor como pola falta de neutralidade (que, sumada á primeira, chama pola supresión dos contidos máis que pola súa reformulación). En todo caso, sei ben que o tema é complexo e lamento non poder darche unha resposta máis "matemática". Noutra orde cousas, creo que este artigo aínda precisa duns cantos arranxos para adaptarse á política xeral da Wikipedia, co cal aínda non valería como modelo de nada. --Atobar (conversa comigo) 27 de outubro de 2017 ás 16:29 (UTC)Responder
Boas Maria zaos e Atobar. María, certamente díxenvos que non se podían crear artigos nos que se puideran producir conflitos de interese, xa que así está indicado na política asociada e explicado alí. Por esa razón acabo de facer a solicitude de borrado do artigo e os que queiran poderán votar e comentar alí a súa postura. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de novembro de 2017 ás 13:42 (UTC)Responder
Comentei o seguinte na votación. Paréceme útil algunha información do artigo: as imaxes e a súa lenda e a estrutura das bibliotecas. "Colección" e "servizos" non o son. Se alguén puidese, estaría ben movelos a unha sección dentro do artigo da Universidade da Coruña antes de borrar o artigo. Mgl.branco (conversa) 7 de novembro de 2017 ás 15:43 (UTC)Responder
Volver á páxina "Biblioteca da Universidade da Coruña".