Conversa:Banda deseñada

Discussões ativas

DúbidaEditar

Cambiei sou por ou, correcto? Lles (conversa) 14 de febreiro de 2019 ás 08:49 (UTC)

Si Lles, era unha gralla. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de febreiro de 2019 ás 09:22 (UTC)

Mover a historieta ou cómicEditar

Segundo o DRAG a banda deseñada é unha forma de historieta que ha ter texto, logo habería que mover este artigo a cómic ou historieta pero antes de facelo creo que é bo agardar un chisco por se alguén ten argumentos para non facer o movemento.--HacheDous=0 (conversa) 22 de novembro de 2020 ás 08:45 (UTC)

Tamén o Dicionario de literatura galega de Galaxia indica que para considerar unha obra banda deseñada ha ter imaxes e texto, este non ten que ser fonético pero ha ir integrado nas viñetas. É dicir que se o texto vai fóra da viñeta, como na primeira época da revista Pulgarcito, por exemplo, xa non é banda deseñada.--HacheDous=0 (conversa) 22 de novembro de 2020 ás 09:17 (UTC)
  • Sen estar seguro ao cento por cento, penso que levas razón e que o cambio procede. De ir adiante, o que si convén é poñer un marcador de "Noncounfundir" ao comezo que remita ao lector a Banda deseñada noutra entrada de seu. E o mesmo nesa entrada cara a esta que quedaría. --Atobar (conversa comigo) 22 de novembro de 2020 ás 19:14 (UTC)
O artigo fala fundamentalmente de banda deseñada, tan só na introdución é onde aparece a referencia á banda deseñada como unha forma específica de cómic ou historieta: a que conta con texto e de aí o cambio de título para cómic (ou historieta, ben é verdade que aínda que no DRAG aparezan como sinónimos na definición de historieta indica "breve" o que non aparece en cómic). Realmente, facer dous artigos, un sobre sobre o cómic e outro sobre a banda deseñada, sería no primeiro caso volver repetir o da banda deseñada con algúns engadidos específicos para o cómic que non é banda deseñada e non lle acabo de ver moito xeito. Parece máis lóxico ter un único artigo que recolla a banda deseñada e o cómic que non constitúe banda deseñada e para ser precisos o nome dese conxunto ha ser cómic (ou historieta) xa qeu ao recoller as dúas cousas non tería moito sentido manter o título de banda deseñada.--HacheDous=0 (conversa) 24 de novembro de 2020 ás 22:01 (UTC)
Volver á páxina "Banda deseñada".