Conversa:Alfredo Pirucha

Untitled editar

Non entendo o que significa o de designado por El País como talentoso: que quere dicir que un articulista o designou como talentoso, que El País lle deu un premio, diploma, etc ou que aparecía nalgunha información co adxectivo talentoso, procurando información non atopo nada que El País nomee talentosos do ano, do mes ou algo semellante, ademais as referencias que hai parecen todas copiadas da mesma fonte, e fóra diso non hai nada que indique relevancia, a non ser realizar exposicións--Cheluco 12:06, 5 de febreiro de 2011 (UTC)

  • A relevancia enciclopédica, a día de hoxe, está no mínimo, pero creo que si a ten. Retirado o d'El País. --Atobar (conversa comigo) 12:10, 5 de febreiro de 2011 (UTC)
A redacción da frase "a súa obra foi elixida no I Premio de Pintura Paco" pode resultar enganosa, xa que nunha lectura rápida pódese pensar que gañou o premio, cando de feito o que pasou é que a elixiron para participar no concurso, e claro sen saber que tipo de criterio utilizan os organizadores non quere dicir nada, puideron aceptar todas as que chegaron ou só o 0.1% . A obra gañadora foi esta [1]--Cheluco 12:18, 5 de febreiro de 2011 (UTC)
Xa o eliminaron.--Cheluco 17:09, 7 de febreiro de 2011 (UTC)
  • Penso que está bastante claro que é publicidade. Borrouse tres veces, tratouse agora de aquelalo e de xogar cos mínimos de relevancia enciclopédica, pero visto o panorama e a teima dunha ip, penso que o proceder tería que ser o mesmo que tiveron en pt.wiki, é dicir, o borrado. --Atobar (conversa comigo) 18:09, 9 de febreiro de 2011 (UTC)
Concordo.--Cheluco usopúblico 19:47, 9 de febreiro de 2011 (UTC)

Non sería boa idea protexer o artigo? Xoacas(ti si que es lindo, ho) 20:52, 9 de febreiro de 2011 (UTC)

  • De manterse, si; o problema está en se mantelo, porque hai múltiples sospeitas de que a io pode ser o propio autor ou un compañeiro. --Atobar (conversa comigo) 21:19, 9 de febreiro de 2011 (UTC)
    • Efectivamente. Temos aquí un "artista plástico" que está traballando e expoñendo por aí. Deséxolle o maior dos éxitos pero ata que non teña un mínimo recoñecemento público -e o feito de saír na prensa non o é- non ten cabida nunha enciclopedia. Pintores que expoñen hai como setas pero cómpre un certo distanciamento e que sexa a crítica quen os seleccione, non a prensa nin, moito menos, o interesado ou persoa cercana, se o é. Por iso, este sería un artigo para borrar. Pedro --Lameiro (conversa) 21:45, 9 de febreiro de 2011 (UTC)

Pois xa sabemos, fóra con el. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:16, 9 de febreiro de 2011 (UTC)

Volver á páxina "Alfredo Pirucha".